Indianos precursores de la filantropía docente en Galicia (1607-1699)
Artigo de Vicente Peña Saavedra publicado na Revista de Indias do CSIC. Nel realízase un primeiro reconto e análise das accións filantrópicas emprendidas na área educativa polos indianos galegos durante o século XVII, preludio dun proceso de longa duración que se prolongará ata os nosos días. As fontes utilizadas son de carácter documental e bibliográfico. O contido do traballo céntrase no perfil persoal e profesional dos doantes, o seu asentamento xeográfico, a cadencia das contribucións efectuadas, a súa dimensión financeira, os/as destinatarios/as e destinos concretos que lles confiren, as realizacións a que dan lugar e as motivacións subxacentes ás súas remesas. O balance provisional do reconto arroxa un total de doce benefactores e un caudal de iniciativas relativamente apreciable e plural.


