"Imágenes de Galicia", grabados de Luís Seoane en Buenos Aires

Artigo de Silvia Dolinko publicado na revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos da Universidad Complutense de Madrid.
Resumo:
Luís Seoane desenvolveu durante décadas unha obra artística polifacética, con especial interese e recorrencia na obra gráfica múltiple; coa súa posibilidade de difusión estendida, esta produción constituíu un dos aspectos máis significativos do seu corpus. Neste sentido, os libros foron soportes privilexiados para a circulación plural das súas imaxes –en especial, aquelas realizadas en xilografía–, protagonizadas por personaxes populares ou lendarios e representados desde un discurso visual moderno. Este artigo analiza a produción gráfica de Seoane en Bos Aires, centrándose no libro Imágenes de Galicia publicado por Albino Fernández en 1978. Exponse como hipótese principal que o conxunto das 72 xilografías que integran a publicación condensan o imaxinario desenvolvido polo artista ao longo da súa carreira. A súa vontade de dar expresión gráfica aos tipos e relatos populares foi unha das súas principais estratexias de intervención pública, en tanto manifestación do seu compromiso ético cara á cultura galega e arxentina do século XX.