Imágenes del inmigrante español en el cine argentino. Notas sobre la candidez del estereotipo
Artigo de Mariano Mestman publicado en Odisea. Revista de Estudios Migratorios da Facultad de Ciencias Sociales e o Instituto de Investigaciones Gino Germani (IIGG) da Universidad de Buenos Aires. O proceso da migración española cara á Arxentina foi representado en diversas películas. Na medida en que a cinematografía constituíu o principal vehículo audiovisual de construción e circulación de imaxinarios sociais durante a primeira metade do século XX (período obxecto do texto), a análise das películas reenvía necesariamente a cuestións de identidade e cidadanía, de política e cultura máis xerais. O artigo estuda a construción e función social dunha personaxe prototípica, “Cándida” (unha empregada doméstica procedente de Galicia), a cargo dunha das máximas figuras cómicas do cinema nacional na súa “época de ouro”, Niní Marshall (Publicado orixinalmente en: Secuencias. Revista de Historia del Cine. Nº 22, Madrid, 2005, 27-47).


