Guía práctica sobre el desplazamiento de trabajadores
O obxectivo do presente documento é axudar aos/ás traballadores/as, aos/ás empregadores/as e ás autoridades nacionais a entender as normas relativas ao desprazamento de traballadores/as, que foron revisadas coa adopción da Directiva 2014/67/UE e a Directiva 2018/957/UE. Esta comprensión é fundamental para garantir que os/as traballadores/as coñezan os seus dereitos e que as autoridades nacionais e os/as empregadores/as apliquen as normas de maneira correcta e coherente en toda a UE.
Teña en conta que as medidas nacionais de transposición da Directiva 2018/957/UE só serán aplicables a partir do 30 de xullo de 2020.
Para facilitar a súa consulta, o documento organízase ao redor da aclaración das preguntas na orde no que adoitan presentarse: que facer antes, durante e despois do desprazamento de traballadores/as.


