Guerra Civil y reclutamiento en la colectividad gallega en Argentina: la Acción Gallega de Caballeros de Santiago
Artigo de Luis Velasco Martínez publicado na revista Cuadernos de Estudios Gallegos do CSIC.
Resumo:
O impacto da guerra civil española en Iberoamérica aínda non foi suficientemente estudado. A maioría de estudos ao respecto céntranse na mobilización de recursos a favor do esforzo republicano, obviando a organización dos sublevados. Á súa vez, tampouco se realizaron estudos sobre a organización destes apoios no eido asociativo das colectividades subestatais españolas. Analízanse fontes da Delegación Nacional del Servicio Exterior de Falange, e de organizacións autónomas creadas na Arxentina entre os anos 1936 e 1940. Confróntanse cos estudos previos sobre a mobilización no campo republicano. O artigo céntrase na organización de apoios aos franquistas no marco da colectividade galega a través dun estudo de caso. Conclúese que os apoios á sublevación entre a colonia española foi maior do estimado anteriormente e que entre estes tamén figuraron grupos e individuos cunha forte impronta en defensa da identidade e os símbolos de Galicia.


