Glosario 2.0 sobre Migración y Asilo / Asylum and Migration Glossary 2.0

Glosario 2.0 sobre Migración y Asilo / Asylum and Migration Glossary 2.0

O obxectivo deste Glosario da Rede Europea de Migracións (EMN) sobre termos relativos á migración e o asilo é, entre outros, mellorar a comparabilidade entre os Estados membros a través da utilización e o acordo común dos termos e as definicións que nel se inclúen. A fin de facilitar o intercambio de información de maneira conxunta, o propósito do Glosario é servir de documento europeo de referencia para os Puntos de Contacto Nacional ( PCN) da EMN e os seus membros da rede nacional, así como para os responsables políticos, para outros profesionais dos Estados membros dedicados a este sector e para as institucións europeas. Desta forma, pode achegar unha terminoloxía definida de forma conxunta e apoiar un discurso máis racional sobre as cuestións relacionadas coa migración e o asilo, mesmo nos medios de comunicación. 

Este Glosario da EMN foi elaborado pola Rede Europea de Migracións (EMN). A Comisión Europea e os Puntos Nacionais de Contacto -que no seu conxunto constitúen a Rede Europea de Migracións- en ningún caso asume ningunha responsabilidade legal ou de calquera outra natureza en relación co uso que se faga da información contida neste glosario ou do contido das páxinas web das cales se extraeron algúns dos termos.

Ofrécese para a súa descarga en español (Glosario 2.0 sobre Migración y Asilo) e inglés (Asylum and Migration Glossary 2.0).

ISBN: 
978-92-79-21387-8 | doi:10.2837/76123
Autor: 
European Migration Network (EMN)
Ano publicación: 
2012
Idioma: 
Español
Editorial: 
Unión Europea
104 lecturas