Da emigración. Notas d'un galego

Da emigración. Notas d'un galego

Obra da colección Clásicos da Emigración editada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, unha escolma de libros que desfrutan da consideración de ser obras clásicas para o coñecemento e análise da emigración galega nas súas diversas épocas, destinos e facetas e que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías. A publicación facsimilar acompáñase de cadansúa introdución e estudo crítico.

A novela Da emigración. Notas d'un galego foi publicada no ano 1936, pouco antes do golpe militar, e viu a luz baixo o prestixioso selo editorial de Nós pois foi dada ao prelo en Compostela no establecemento impresor de Ánxel Casal pouco antes do seu asasinato. Froito do coñecemento en primeira persoa da situación da emigración galega na Arxentina, Paz Míguez proxectou nesta obra unha serie de trazos e personaxes que, segundo el, representaban a realidade dos galegos e galegas que lonxe da terra sobrevivían, en xeral con duras condicións vitais e laborais.

Este facsímile está acompañado dun proveitoso estudo introdutorio feito polo profesor e investigador Xavier Castro Rodríguez.

ISBN: 
978-84-17802-22-6
Autor: 
Antón Paz Míguez
Ano publicación: 
2020
Idioma: 
Galego
Editorial: 
Consello da Cultura Galega
Comentario: 
Edición facsimilar
302 lecturas