Cousas gallegas

Cousas gallegas

Obra da colección Clásicos da Emigración editada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, unha escolma de libros que desfrutan da consideración de ser obras clásicas para o coñecemento e análise da emigración galega nas súas diversas épocas, destinos e facetas e que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías. A publicación facsimilar acompáñase de cadansúa introdución e estudo crítico.

Cousas gallegas é unha publicación que Fortunato Cruces, xornalista e avogado nado en Galicia e finado en Bos Aires publicou en 1923. Xosé Manoel Núñez Seixas explica na introdución que se trata dun autor que “representou un modelo de traxectoria profesional de éxito como líder étnico, no marco dunha comunidade inmigrante que medrou ininterrompidamente entre 1890 e 1930”. Participou en numerosas publicacións como “La Colonia” ou “La Justicia”, articulista de moitas outras como “Eco de Galicia” e “Páginas de España”. “Nova Galicia” foi a cabeceira desde a que se erixiu en artífice e intérprete da imaxe da colectividade galega e de Galicia perante a sociedade arxentina.

Este libro recolle poemas, artigos e outros escritos que dan conta de parte da personalidade, deste xornalista moi presente na colectividade galega en Bos Aires.

ISBN: 
978-84-17802-13-4
Autor: 
Fortunato Cruces
Ano publicación: 
2020
Idioma: 
Galego
Editorial: 
Consello da Cultura Galega
Comentario: 
Edición facsimilar
96 lecturas