Asociacionismo inmigratorio en Buenos Aires: los gallegos de O Porriño y sus instituciones en la primera mitad del siglo XX
Artigo de Alejandra Noemí Ferreyra publicado en Odisea. Revista de Estudios Migratorios da Facultad de Ciencias Sociales e o Instituto de Investigaciones Gino Germani (IIGG) da Universidad de Buenos Aires. O presente artigo está orientado a analizar un caso de asociacionismo galego na cidade de Bos Aires. En particular, detense naquelas entidades creadas por inmigrantes procedentes dun reducido espazo municipal en Galicia: o concello do Porriño. Catro institucións, existiron e actuaron de maneira simultánea na cidade porteña ata mediados de 1938 cando se produciu a unificación de tres delas nunha única asociación: a Sociedade de Residentes del Municipio de Porriño. Neste traballo achegarémonos, por unha banda, ao proceso de unificación das devanditas entidades, e doutra banda, ás prácticas cotiás e o funcionamento efectivo da sociedade fusionada en canto á provisión dos servizos mutuais e á construción dun espazo recreativo dinámico para as e os seus membros.


