Gerardo Fernández Albor

Gerardo Fernandez Albor

Naceu en Santiago de Compostela o 7 de setembro 1917.

Primeiro presidente electo da Xunta de Galicia, tras ter renunciado á súa vida privada en pleno éxito profesional, e porse ao servizo de Galicia na aventura da súa primeira etapa autonómica. Entregou o mellor da súa vida ao servizo de Galicia, primeiro na Comunidade Autónoma e logo levando o espírito de Galicia ao Parlamento Europeo, onde fundou e presidiu o Intergrupo Camiño de Santiago. Preparou e puxo en práctica a Lei da Galeguidade, que impulsou decisivamente os movementos asociativos galegos, potenciando a autoestima e o orgullo de ser galegos/as.

Tamén tivo a medicina como profesión: doutor en medicina e cirurxía, e especialista en cirurxía xeral e dixestiva, foi fundador e director do Instituto Policlínico La Rosaleda, foi responsable do servizo do Centro de Diagnóstico e Tratamento Concepción Arenal, primeiro presidente da Sociedad Española de Colo-Proctología e fundador da Academia Médico-Quirúrxica de Santiago de Compostela e da Sociedade de Cirurxía de Galicia.

Faleceu en Santiago de Compostela o 12 de xullo de 2018.

Vídeo da entrevista: 
1283 lecturas