Francisco Fernández del Riego

Nace en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913. Cursou Dereito e Filosofía e Letras en Santiago e Madrid.
Ao rematar a guerra civil, trasládase a Vigo onde participa na creación da Editorial Galaxia. Tamén participa na revista Grial. En 1963 faise cargo da Biblioteca Penzol. Autor de numerosas publicacións e impulsor de moitas actividades culturais. En 1997 foi nomeado presidente da Real Academia Galega. Recibiu numerosos premios: Medalla Castelao, Pedrón de Ouro ou Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo entre outros.
Faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.
En 2023 é o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Vídeo da entrevista: