Eugenio Fernández Granell

Eugenio Fernández Granell naceu na Coruña o 28 de novembro 1912 e morreu en Madrid o 24 de outubro de 2001. Estudou o bacharelato en Santiago e música con D. Manuel Valverde, pasando logo ao Conservatorio de Madrid.
Exiliouse en 1939 tras a derrota do exército republicano. Viviu en Francia, República Dominicana, Guatemala, Porto Rico, Los Ángeles (California) e Nova York.
Foi profesor en diversas universidades americanas. Colabora en revistas de ambos continentes como escritor e ilustrador. Publicou libros de ensaios, novelas, contos e poesía, polos que obtivo numerosos premios.
En 1995 ano en que recibe a Medalla de Ouro de Belas Artes do Consello de Ministros. En 1997, recibe o título de fillo Adoptivo de Santiago de Compostela. En 1998, a Real Academia Galega de Belas Artes desígnao Membro de Honor. En Outubro de 2000, o Círculo de Belas Artes de Madrid concedeulle a sua Medalla de Ouro.
A Xunta de Galicia concedeulle a Medalla de Ouro a título póstumo.