Elixio Rodríguez Domínguez

Elixio Rodríguez Domínguez

Naceu en Grou (Ourense) o 4 de xaneiro de 1910. Dende moi novo aproximouse á causa do galeguismo. Foi membro da Mocidade Galeguista de Ourense e de Bande. Tras a sublevación do 36, é perseguido e refúxiase na Lexión Estranxeira, e despois pasa ao bando republicano. Despois vai para Francia dende onde, e coa axuda de Castelao e Luís Soto, é evacuado para México no ano 1939.

En Novembro de 1945 recibiu a visita de Castelao sendo a ultima vez que o viu. En ese país colabora en diversas organizacións de axuda á Republica Española. Tamén se dedicou a actividades culturais galeguistas colaborando coa revista “Saudade”, o programa de radio “A Hora de Galicia” ou a revista “Vieiros”. Tamén foi membro do Patronato da Cultura Galega fundado el 29 de Xuño de 1953. En 1965 vai a Santiago de Compostela xunto con Inocencio Ferrer ao Congreso da Emigración Galega en calidade de delegados do Patronato.

Faleceu en México o 9 de xullo de 2007.

Vídeo da entrevista: 
2251 lecturas