Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
12Marzo2026Miranda: “A colaboración institucional é clave para seguir impulsando a presenza da cultura galega e española no exterior” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Bos Aires unha reunión de traballo co conselleiro cultural da Embaixada de España en Arxentina, Roberto Varela, co obxectivo de explorar novas vías de colaboración para reforzar a programación de actividades culturais vinculadas a Galicia e á colectividade española no país. No encontro abordáronse posibles iniciativas conxuntas que permitan ampliar a difusión da cultura... Máis información
-
12Marzo2026Miranda: “A música galega é unha das mellores pontes para manter viva a nosa identidade entre as novas xeracións da colectividade” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no Centro Español de Bos Aires, xunto ó Delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, nun encontro coa colectividade cultural galega con motivo da visita do grupo Luar na Lubre, que continúa a súa xira internacional coincidindo co seu 40 aniversario. No acto tamén estivo presente o delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, nunha xornada que reuniu... Máis información
-
11Marzo2026Miranda: “A memoria da emigración é tamén a historia do esforzo e da contribución dos galegos á construción simultánea da súa terra de países como Brasil” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao estreno do documental “Los Inmigrantes” dedicado á historia da emigración española en Brasil e ao legado da colectividade galega asentada na cidade de Santos, unha das principais portas de entrada da inmigración europea en América Latina entre finais do século XIX e comezos do século XX. A proxección puxo en valor a historia de miles de homes e mulleres que cruzaron o... Máis información
-
09Marzo2026Emigración mantén unha reunión de traballo para informar ás entidades galegas do exterior sobre as axudas para o funcionamento e actividades culturais e para o apoio infraestrutural deste ano audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo xunto a subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, unha reunión de traballo cos membros das entidades galegas de España, Europa e América para informarlles sobre dúas das liñas de axudas que este departamento ten en marcha para as entidades galegas do exterior, a destinada a gastos de funcionamento e proxectos culturais e a que ten como... Máis información
-
06Marzo2026Xa está aberto o prazo de inscrición no Programa MERLO audio Se es galego ou galega retornado e estás pensando en emprender en Galicia, este programa pode axudarche a converter a túa idea nun proxecto sólido. O Programa MERLO, impulsado pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Fundación Ronsel, ofrece mentoría personalizada e acompañamento profesional para apoiar a posta en marcha e consolidación de iniciativas empresariais lideradas por persoas retornadas. Nos últimos anos,... Máis información
-
04Marzo2026Desde o inicio da Estratexia Galicia Retorna en 2018 ata 2024 regresaron a Galicia 49.995 galegos e a Comunidade gañou máis de 140.000 habitantes grazas ao saldo migratorio positivo audio A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno atendeu en 2025 a máis de 8.000 familias e recibiu máis de 30.000 consultas. Antonio Rodríguez Miranda reclamou que o retorno se converta nunha política de Estado do mesmo xeito que en Galicia xa é unha política de país: “A nosa Comunidade pasou de ser terra de emigración a consolidarse como terra de retorno e de acollida”. Segundo destacou, as axudas extraordinarias xa apoiaron desde... Máis información
-
04Marzo2026Miranda: “O Lar Gallego de Sevilla é un referente de galeguidade que mantén viva a nosa identidade no sur de España” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Lar Gallego de Sevilla, onde mantivo un encontro de traballo co seu presidente, José Antonio Otero, co fin de coñecer de primeira man a actividade que desenvolve esta entidade e analizar novas iniciativas para seguir fortalecendo a presenza galega en Andalucía. Durante a reunión, abordáronse distintos proxectos orientados á dinamización cultural e á participación da... Máis información
-
03Marzo2026Miranda mantén en Sevilla un encontro co Director Xeral de Andalucía Global para reforzar a cooperación en emigración e retorno audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Sevilla un encontro de traballo co director xeral de Andalucía Global, Jorge Vázquez Calderón, co obxectivo de seguir reforzando a cooperación institucional entre Galicia e Andalucía no ámbito da emigración e do retorno. Durante a reunión, ambos responsables analizaron os retos comúns que afrontan dúas comunidades cunha ampla tradición emigrante e abordaron posibles liñas... Máis información
-
02Marzo2026A Xunta de Galicia avanza co Goberno central nunha vía específica de homologación de títulos dirixida a persoas beneficiarias das Bolsas Beme audio Os conselleiros de Emprego e Educación e os reitores das universidades públicas reuníronse hoxe por videoconferencia co secretario xeral de Universidades do Ministerio. Os representantes autonómicos insisten na necesidade dunha vía áxil —coordinada entre Xunta, universidades e Ministerio— da que poida acabar beneficiándose calquera persoa estranxeira que precise homologación formativa para exercer. Avogan por reducir burocracia, unificar... Máis información
-
01Marzo2026Miranda visita o Centro Social da Casa de España en Río de Xaneiro audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe, dentro da súa viaxe a Brasil, o Centro Social da Casa de España en Río de Xaneiro. Esta entidade é un espazo histórico que desenvolve unha extraordinaria labor de cohesión coa comunidade española e, de maneira moi especial, coa comunidade galega asentada en Brasil. En verbas de Miranda, estes centros son moito máis ca sedes sociais. “Son fogar, punto de encontro,... Máis información
Páxinas |









