O traballo e a tradición familiar, os motivos máis comúns para estudar galego

Actualmente, lograr unha mellor competencia na lingua romance outorga certas vantaxes á hora de buscar traballo tanto en empresas españolas como noutras compañías ou organismos estranxeiros.

En Bos Aires, 38 persoas presentaronse fai unhas semanas aos exámenes do CELGA, coordinados pola Secretaria Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia -en colaboración coa Delegación do Goberno galego en Bos Aires- co fin de lograr unha certificación adaptada ao criterio establecido no Marco Europeo de referencia para todaslas linguas.

A maior parte destos alumnos participou nos cursos preparativos de lingua organizados pola Administración Autonómica Galega no marco do programa «Cursos de Lingua galega na tua ciudade» nas dependencias da Delegación da Xunta de Galicia da capital arxentina e no Centro Galicia de Bos Aires.

O estudo da lingua romance
«Gústame o galego porque era o idioma dos meus pais», comenta o arxentino Fabián González, uns poucos minutos antes de terminar o seu examen de Celga. Fabián González non quixo perder a oportunidade de aprender esta lingua romance, ao igual que a sua compañeira Alicia Lage e xunto con outras persoas, case corenta, que presentaton as probas que levan varios meses preparando nas dependencias do Centro Galicia de Bos Aires. «Seguiremos todos los cursos hasta completarlo», comenta a estudiante Lage, quen tamén fundou un grupo na rede social de Facebook O Terzo da Fala de Bos Aires. E non son os únicos aos que lles atrae o idioma, a cultura e ata o modo de vida dos seus antepasados, familiares ou, incluso, seus amigos.

Os estudiantes non dudan en comentar que «o traballo» é outro dos motivos que lles fixo decantarse por estudar galego. Actualmente, lograr unha mellor competencia na lingua romance otorga certas vantaxes a hora de buscar traballo tanto en empresas españolas como noutras compañías u organismos extranxeiros.

A profesora Lorena Pazos teno difícil á hora de intentar definir o perfil dos seus estudiantes. «Hai un pouquiño de todo. Moitos dos meus alumnos eran emigrantes ou foran a Arxentina de pequenos», comenta. E señala: «Pero tamén me atopei con casos moi curiosos, como por exemplo o dunha rusa duns 85 anos que falaba galego perfectamente (disque foi porque lle gustaba asistir ás festas dos centros galegos). Unha vez escoitou dun galego [agora imos falar galego para que non nos entenda a parva desta rusa...] e ela para fastidialo púxose a aprender a lingua».

Nos anos que leva de profesora, Lorena Pazos destaca como máis curioso o caso «dunha muller dun galego emigrado de pequeno que falaba perfectamente a lingua do seu marido».

Moitos estudiantes, -especialmente os que se dedican á traducción-, contan na rede social que necesitan añadir a sua lista de idiomas o galego, xa que este lles ofrece unha gran vantaxe na sua profesión.

Manter a cultura no exterior
As probas do Celga levaronse a cabo nas instalaciones do Centro Galicia de Bos Aires. Alí, o Delegado da Xunta de Galicia, Alejandro López Dobarro, acercouse para saudar aos alumnos e agradecerlles o seu «esfuerzo para mantener la lengua y la cultura gallega en el exterior».

López Dobarro asegurou que esta iniciativa do Gobierno galego permite «tratar en igualdad de condiciones a todos los ciudadanos gallegos, estén donde estén». O delegado tamén se emocionou pola alta participación que estos anos teviron as probas de galego.

878 lecturas