Da Cidade Marabillosa para A Coruña

O brasileiro Eduardo C. Justo naceu en Río de Xaneiro e pertence a unha familia enteira de emigrantes que se desprazaron a diversas partes do mundo. Hoxe é el quen volve á Coruña en busca de calidade de vida.

Río de Xaneiro é coñecida como unha cidade de moito encantos, pero a tranquilidade e a calidade de vida que buscaba o brasileiro José Eduardo C. Justo encontrouna na Coruña, onde vive dende hai seis anos. Non obstante, a elección de Galicia como destino tivo moito que ver coas súas orixes.

Os seus avós paternos son da aldea de Santa Cruz de Campolongo, en Negreira. Tiveron dez fillos e todos emigraron, menos unha tía que tiña unha saúde delicada. A principios da década dos 60, o seu pai foise a Brasil, onde xa estaban as súas irmás maiores, e traballou toda a vida en hostalaría. A súa familia materna é de Carballiño, en Ourense, onde a súa avoa exercía de pulpeira. A nai de Justo seguiu os pasos do irmán maior e foise a Brasil, onde traballou como perruqueira.

«Os meus pais contábannos sobre a época en que pasaban por momentos difíciles en Galicia, como sufrían as consecuencias da Guerra Civil mentres que as grandes cidades de Europa e América Latina fervían en oportunidades de prosperar,» recorda Justo.

Creado nun ambiente galego e tras estar en Galicia varias veces en vacacións, Justo xa se sentía totalmente integrado á cultura galega. Tamén tivo o apoio da súa familia, o que foi importante na súa decisión de mudarse para A Coruña. «Ademais destas facilidades, encontrei aquí unha calidade de vida inimaxinable en Río de Xaneiro. Tiña ganas de vivir nunha cidade onde podía ter unha vida máis tranquila», explica Justo.

Graduado en administracións e postgraduado en Proxectos de Información, Xusto deixou un emprego nunha multinacional en Brasil. Pero tiña claro que só se quedaría en Galicia se encontraba un traballo na súa área profesional. «Non» quería «desperdiciar tantos anos de experiencia. Tras seis meses en España encontrei un emprego nunha empresa de desenvolvemento de software. Creo que son un privilexiado por actuar na miña área de formación. A pesar de cobrar menos que en Brasil, a calidade de vida compénsamo».

765 lecturas