Novas
Buscador
-
A Xunta presenta en Lugo unha instalación multimedia sobre Lois Pereiro que achegará ás bibliotecas e centros escolares a vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas
18.04.2011
audio
A mostra está formada por unha pantalla multitáctil interactiva e un muro vertical multimedia que permitirán ao público afondar na vida e obra de Lois Pereiro dunha forma dinámica e innovadora. As consellerías de Cultura e Turismo e de Educación e Ordenación Universitaria colaboran na organización desta exposición, que completará ao longo de 2011... Máis información
-
Emigración destina preto dun millón de euros ao Plan de formación de inmigrantes e retornados
18.04.2011
audio
Do total de máis de 150 cursos ao longo de 2011, desenvolveranse 87 co aval do Fondo Social Europeo. A Secretaría Xeral da Emigración resolverá nos vindeiros días a convocatoria de axudas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de cursos de formación dirixidos a inmigrantes e retornados, que fora publicada no Diario Oficial de Galicia... Máis información
-
Concurso de Debuxo e Pintura "Un mundo de cor"
15.04.2011
audio
Organiza: A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Destinatarios e categorías: Alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria (ESO) dos centros escolares públicos, concertados e privados de Galicia: -1ª categoría: 1º, 2º e 3º Primaria -2ª categoría: 4º, 5º e... Máis información
-
Un total de 44 bandas de gaitas de toda a Península compiten na vixésimo primeira edición da liga galega
15.04.2011
audio
A Agadic e a Deputación de Pontevedra patrocinan o multitudinario encontro, organizado pola Asociación Galega de Bandas de Gaitas. A primeira fase celébrase durante todo o sábado 16 no Pazo da Cultura de Pontevedra. O campionato introduce novidades nun formato que pasa a dividirse en dúas etapas diferenciadas, a primeira delas en escenario pechado... Máis información
-
Arrinca Xuventude Galicia Net, na que están inscritos preto de 1.200 participantes e que contará con ao redor de 6.000 asistentes
15.04.2011
audio
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, asistiu hoxe á apertura de portas. O evento prolongarase ata o próximo domingo e terá un amplo abano de actividades de acceso libre. Esta mañá abriu as súas portas a XII edición de Xuventude Galicia Net, que terá lugar durante toda a fin de semana no Pazo de Congresos e Exposición de... Máis información
-
A Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires ofrecerá información da oferta académica das universidades galegas
15.04.2011
audio
O Delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, reuniuse este xoves cos vicerreitores de Estudantes e Formación Continua da USC e de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo. As tres institucións galegas están presentes no foro Europosgraos Arxentina, que se está a desenvolver en Bos Aires. A Universidade de Vigo foi invitada a compartir as... Máis información
-
A finais de 2011 o portal da Xunta quedará constituído como unha sede electrónica
14.04.2011
audio
Os cidadáns poderán obter a mesma información, acceder aos mesmos servizos e facer os mesmos trámites que pode facer en calquera das ventanillas das distintas consellerías. É unha das medidas da Axenda Dixital de Galicia para garantir a relación electrónica dos usuarios coa Administración aforrando custes e tempo, independentemente do lugar onde... Máis información
-
Alumnado de Filoloxía da USC réndelle homenaxe a Xosé Neira Vilas a través dunhas xornadas que afondan na súa obra
13.04.2011
audio
A Secretaría Xeral de Política Lingüística apoia esta iniciativa, que se enmarca nas celebracións dos 50 anos da publicación de Memorias dun neno labrego. O estudantado de filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) vén de sumarse á celebración dos 50 anos da publicación de Memorias dun neno labrego. Faino cunha homenaxe ao seu... Máis información
-
Un avogado fillo de emigrantes, na zona máis austral do planeta
13.04.2011
audio
A pesar da distancia, Juan Carlos Núñez mantén viva a tradición do seu sangue galego. Nacido en Bos Aires, Juan Carlos Núñez ten nas súas veas o sangue cen por cento galega dos seus pais emigrantes. O seu pai, de Culleredo, e a súa nai, de Cee, coñecéronse en Arxentina, país ao que emigraron os dous no ano 1955. Avogado de profesión, Núñez vive... Máis información
-
A Xunta convoca axudas aos concellos para a promoción da igualdade cunha contía de preto de 4 millóns de euros
11.04.2011
audio
A convocatoria da Secretaría Xeral da Igualdade sae hoxe publicada no DOG. Este ano a convocatoria engloba tres liñas de colaboración coas entidades locais: a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero o fomento da conciliación e o apoio aos Centros de Información ás Mulleres (CIM). A secretaria xeral da... Máis información
Páxinas |