Novas
Buscador
- Un cento de profesionais asisten á xornada contra a explotación sexual, organizada por Igualdade 20.09.2011 audio A sesión terá lugar en Santiago o 23 de setembro, coincidindo co Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas. Presentarase a curtametraxe Escúchame, unha peza audiovisual contra a trata de mulleres, dirixida por Mabel Lozano, e premiada en varios festivais de cine. Preto dun cento de profesionais que desenvolven a súa... Máis información
- Os sonetos de Shakespeare en galego: o soño da persoa lectora 19.09.2011 audio A tradución de Ramón Gutiérrez Izquierdo recolle os parabéns da crítica. En 1609 editábase en Londres Shake-Speares Sonnets, unha colección de 154 sonetos "never before Imprinted" [nunca antes impresos], que desde o século XIX se veñen considerando unha das cimeiras da cultura universal. Se a universalización dunha obra se pode medir polas... Máis información
- Feijóo procurará unha maior internacionalización da economía galega na viaxe que inicia esta semana e que inclúe a inauguración da Plataforma de Exportación Galega en México ou a visita ao canal de Panamá 19.09.2011 audio O presidente da Xunta manterá distintos encontros empresariais entre o 22 e o 24 de setembro. Nos distintos actos tamén participará o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, o presidente de Novacaixagalicia Banco, José María Castellano, ou o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla. Esta viaxe forma parte... Máis información
- Agarimos, un oasis galego que cumpre 15 anos en Badalona 19.09.2011 audio A asociación da cidade catalá celebrou esta fin de semana a súa festa anual. Ao longo deste fin de semana pasado, un anaco de Galicia trasladouse a Badalona grazas ao labor que alí desempeña a Agrupación Cultural Galega Agarimos. A punto de cumprir 15 anos de vida, este colectivo -un dos máis novos de Cataluña- celebrou a décimo cuarta edición da... Máis información
- Standard & Poor´s mantén o rating de Galicia polo seu forte compromiso coa redución do déficit 17.09.2011 audio A axencia de cualificación considera positivos os estados financeiros da comunidade autónoma. Estima que a carga da débeda de Galicia chegará aos seu pico en 2012 e diminuirá despois. A Xunta de Galicia amosa a súa satisfacción pola confirmación do rating nun momento de grandes dificultades económicas. Standard & Poor’s confirmou esta semana... Máis información
- Presentación do programa «Reencontros na Terra» en Arxentina 16.09.2011 audio O Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, inicia durante o día de hoxe unha viaxe de tres días a Arxentina. Ás tres da tarde (hora local) presentará -na sede do centro Centro Galicia- unha nova edición do programa Reencontros na Terra. Posteriormente presidirá a inauguración da nova sede de Ospaña (Obra Social de los... Máis información
- Entregados os diplomas do curso de ‘Linguas galega e castelá para inmigrantes’ organizado por Femuro en Verín 15.09.2011 audio O encargado de presidir o acto foi o subdirector xeral da Inmigración e do Retorno da Xunta, Antonio Aguarón. O Subdirector Xeral da Inmigración e do Retorno, Antonio Aguarón, presidiu na tarde de onte en Verín a clausura e entrega dos diplomas correspondentes ao curso Aprendizaxe das linguas galega e castelá, sufragado con fondos da Secretaría... Máis información
- Santaballa recordará o seu pasado cunha xornada sobre migración e indianos 15.09.2011 audio A escola habaneira de Santaballa rememorará o seu pasado o vindeiro sábado 24 coa celebración da primeira Xornada sobre Migración e Indianos, que organiza a liga Santaballesa con motivo da presentación do documental Lembranzas da infancia, recordos da escola, un traballo da produtora Imaxina que narra o impacto da emigración a principios do... Máis información
- O Centro Gallego de Montevideo celebra o seu 132º aniversario 14.09.2011 audio O Centro Gallego de Montevideo acaba de conmemorar o seu 132 aniversario. O máis lonxevo dos centros galegos celebrou a xornada festiva baixo a presidencia de Jorge Torres Cantalapiedra, o primeiro non nacido en Galicia que dirixe a asociación. Coa presenza dos ministros de Cultura, Ricardo Erhlich; de Turismo e Deportes, Héctor Lescano; do... Máis información
- A Casa de Galicia en Madrid conmemora o centenario do nacemento de Cunqueiro coa disertación da profesora Monserrat Mera sobre o ilustre “fabulador” de Mondoñedo “cuxas palabras non perderon vixencia” 13.09.2011 audio “A pesar do tempo que transcorreu desde a súa publicación, a maior parte das columnas xornalísticas de Cunqueiro seguen sendo actuais” asegurou Mera. A conferenciante tivo a oportunidade de pronunciar este verán un relatorio en Harvard sobre o xornalismo de Cunqueiro e confesa que lle sorprendeu que os seus textos e a súa visión do mundo “... Máis información
Páxinas |









