Novas
Buscador
- A Xunta mellora o servizo de videointerpretación para persoas xordas dispoñible no rexistro xeral e a través da súa web 09.01.2012 audio Substitúese o videoteléfono na modalidade presencial por pantallas táctiles que permiten unha comunicación máis directa entre a persoa xorda, o empregado público e a ou o videointérprete. A nova plataforma tecnolóxica Bildtec foi deseñada e desenvolvida por unha empresa galega en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de... Máis información
- O presidente da Xunta expresa o pesar do Goberno e de todos os galegos e as galegas polo falecemento de Isaac Díaz Pardo, “o mellor exemplo dunha vida dedicada a un compromiso chamado Galicia” 05.01.2012 audio Agradece o seu labor por facer unha Galicia “máis rica, máis culta e máis orgullosa de si mesma”. Asegura que o multifacético intelectual é “un espello no que mirarnos todos os galegos”. Gaba a súa xenerosidade por formalizar o ano pasado a cesión do seu fondo bibliográfico e documental á Biblioteca da Cidade da Cultura, “unha achega de... Máis información
- Cultura conmemora o centenario do nacemento do escritor ourensán Celso Emilio Ferreiro cun completo programa de actividades ao longo de 2012 04.01.2012 audio O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos presentou o programa de actos en homenaxe á vida e obra do escritor de Celanova, do que se cumpren hoxe, 4 de xaneiro, 100 anos do seu nacemento. En colaboración con outras entidades, a Xunta de Galicia porá en marcha iniciativas como a divulgación de textos de Celso Emilio en 28 concellos galegos... Máis información
- Cinco centros de información á muller da provincia de Lugo estrean un servizo de teletradución a 51 idiomas 03.01.2012 audio Trátase dos CIMs de Burela, Viveiro, Ribadeo, Monforte e Palas de Rei, que forman parte do total de 45 que incorporan esta tecnoloxía en Galicia. Ofrecido sen custe pola Secretaría Xeral da Igualdade, mellorará a atención ás mulleres e ás vítimas de violencia de xénero estranxeiras, facilitando unha comunicación verbal máis eficaz. Cinco Centros... Máis información
- Feijóo apela á capacidade de mancomunar esforzos que sempre caracterizou a Galicia para superar a crise mantendo o benestar e o desenvolvemento 02.01.2012 audio O pasado sábado, durante a Mensaxe de Fin de Ano 2011. Afirma que os políticos teñen unha “responsabilidade especial”, se ben asevera que se precisará do esforzo e da participación da sociedade no seu conxunto. “Hai un horizonte limpo para Galicia se camiñamos xuntos”, di. Lembra que, moito antes de que se empezara a facer no resto da nación, en... Máis información
- «Excursión itinerante», un novo proxecto da Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Capela en Cuba 30.12.2011 audio A Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Capela en Cuba contou coa participación dun nutrido grupo de mozos e mozas no proxecto sociocultural da entidade Excursión itinerante. A presidenta da sociedade, Juana Caridad Fernández Pérez, destacou a importancia do proxecto como unha das iniciativas máis importantes da institución durante este ano.... Máis información
- A asociación galega Hijos de Lorenzana celebrou na Habana o Día Internacional da e do Migrante 29.12.2011 audio No acto foron agasalladas varias socias da entidade. A presidenta da entidade, Josefina Rodríguez, destacou a importancia da data e produciuse un animado intercambio de anécdotas sobre o que para o medio centenar de asistentes supuxo a emigración. Con motivo da celebración do Día Internacional das Migracións a asociación galega Hijos de Lorenzana... Máis información
- Medio século cantando e bailando 28.12.2011 audio O conxunto folclórico da Sociedad Parroquial de Vedra en Bos Aires festexa os seus 50 anos de vida. O conxunto folclórico da Sociedade Parroquial de Vedra festexou os seus 50 anos de vida na súa casa de Jose Mármol 760. Dende os seus comezos dedicando cultura a Bos Aires, durante este tempo mantiveron os costumes onde naceron pais, avós e bisavós... Máis información
- A Federación de Sociedades Gallegas en Cuba entrega a Fraga o título de «Presidente de Honra» 27.12.2011 audio A Federación de Sociedades Galegas en Cuba (FSGC), Sergio Toledo, e o xefe da oficina delegada da Xunta de Galicia na Habana, Enrique Repiso, entregaron o título de «Presidente de Honra» ao expresidente do Goberno galego, Manuel Fraga, que recolleu Alberto Núñez Feijoo. Xunto ao título, Fraga tamén recibiu un talle en madeiras preciosas no que... Máis información
- A obra de Ernesto Guerra da Cal xera interese no seu centenario 26.12.2011 audio Exiliado en Nova York dende 1939, actuou dende alí como embaixador da cultura galega. A súa poesía en idioma galego suscitou un inusitado eco internacional. Unha exposición no instituto Rosalía de Castro de Santiago e unha placa neste centro recordan dende maio a relación de Ernesto Guerra dá Cal, de quen este luns se cumpriron 100 anos do seu... Máis información
Páxinas |









