Novas
Buscador
- Feijóo adianta que a Xunta destinará 2 millóns de euros para que expertos en mercados internacionais consigan novos proxectos de investimento en Galicia 13.02.2015 audio O titular da Xunta inicia a súa viaxe oficial a Latinoamérica co encontro empresarial 'Galicia-México. Oportunidades de Negocio'. Asevera que a capacidade exportadora de Galicia desde o ano 2009, durante a recesión económica ata o ano 2014, acredita que “sabemos exportar, que as nosas exportacións son superiores as nosas compras e, polo tanto,... Máis información
- Mato gaba a exposición ‘Non falaremos de Picasso’ que recupera e pon en valor a etapa coruñesa do artista 13.02.2015 audio A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe na Coruña na inauguración da exposición Non falaremos de Picasso, unha iniciativa do Concello herculino e da Fundación María José Jove que recupera e pon en valor a etapa coruñesa do artista. Mato destacou que A Coruña está a celebrar o Ano Picasso coincidindo co 120 aniversario... Máis información
- Aumentan un 3% as prazas do programa “Reencontros na Casa”, da Secretaría Xeral da Emigración 11.02.2015 audio A iniciativa forma parte da aposta do Goberno galego por manter e incrementar o investimento en políticas sociais que benefician directamente á cidadanía. A convocatoria no DOG adiántase respecto ao pasado ano e o prazo de solicitude remata o 23 de marzo, de maneira que as persoas beneficiarias poidan organizar con tempo os seus desprazamentos á,... Máis información
- Feijóo viaxará a México, Perú e Colombia para seguir avanzando na internacionalización das empresas galegas e nas relacións comerciais cos países americanos 10.02.2015 audio O titular da Xunta, que viaxará acompañado do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitará desde o venres 13 de febreiro ata o mércores 18 os tres países, onde manterá diversos encontros empresariais e numerosas reunións institucionais do máis alto nivel. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, iniciará o vindeiro venres 13... Máis información
- Emigración e o Clúster do Turismo de Galicia colaborarán coas comunidades galegas no exterior na promoción de Galicia no estranxeiro 08.02.2015 audio O obxectivo é que se reproduzan estratexias de éxito como ‘Galicia, Pórtico Universal’. O sector turístico na Galicia territorial supón o 10’6 % do P.I.B. e o 11’5 do emprego na Comunidade, con en torno a 6.000 empresas asociadas ao Clúster. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente e secretario do Clúster... Máis información
- Publicada a convocatoria para 2015 de ‘Escolas Abertas’, o programa de Emigración que espalla Galicia por todo o mundo 04.02.2015 audio A publicación no DOG adiántase un mes respecto ao ano anterior, co obxectivo de axilizar a tramitación administrativa e dar máis tempo á planificación previa dos beneficiarios e beneficiarias. Noventa cidadás e cidadáns residentes no exterior accederán á formación especializada en diversas áreas, para despois divulgala nas súas áreas de residencia... Máis información
- Entrevista ao secretario xeral da Emigración no programa 'Aquí Galicia (tarde)' da Radio Galega 03.02.2015 audio Audio coa entrevista concedida á Radio Autonómica Galega. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, foi entrevistado no programa Aquí Galicia (tarde) da Radio Galega, onde deu conta da súa viaxe institucional a Cuba e Canadá. Audio coa entrevista a Antonio Rodríguez Miranda na Radio Galega Máis información
- Convocado o programa ‘Conecta con Galicia’, que fai posible a convivencia de 200 descendentes de galegos e galegas con mozos e mozas residentes na comunidade 02.02.2015 audio Este ano aumenta un 5’2% o número de prazas convocadas, e adiántanse os prazos de convocatoria e resolución, para facer máis áxil a xestión aos beneficiarios e beneficiarias. A iniciativa desenvólvese en dúas modalidades, unha de actividades ao aire libre e outra en campos de traballo. O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición de hoxe a... Máis información
- Miranda asina o convenio para a obtención da tarxeta Galicia Saúde Exterior coas comunidades galegas de Canadá, país no que residen máis de dous mil galegos e galegas 01.02.2015 audio O secretario xeral da Emigración participou na gran celebración anual de Galicia en Toronto, principal cidade do país americano. Achégase [hoxe domingo] a coñecer a outra colectividade galega, o Centro Galego de Montreal, en Quebec. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a socias e socios, e coñeceu as instalacións,... Máis información
- Veiga e Miranda animan á colectividade galega en Cuba a “afondar no camiño da cada vez máis frutífera relación” entre ambos territorios 31.01.2015 audio O secretario xeral da Emigración e o director de Internacionalización do IGAPE asistiron á toma de posesión do novo presidente da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, e mantiveron encontros con representantes da diáspora galega. Asemade, o embaixador español en Cuba, Juan Francisco Montalbán, e mais o secretario xeral, inauguraron o ‘Curso de... Máis información
Páxinas |








