Mato gaba a exposición ‘Non falaremos de Picasso’ que recupera e pon en valor a etapa coruñesa do artista

  • Imaxe da inauguración da exposición
    Imaxe da inauguración da exposición
  • Imaxe da inauguración da exposición
    Imaxe da inauguración da exposición
  • Imaxe da inauguración da exposición
    Imaxe da inauguración da exposición
Listen to this page using ReadSpeaker
A Coruña, 12 de febreiro de 2015.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe na Coruña na inauguración da exposición Non falaremos de Picasso, unha iniciativa do Concello herculino e da Fundación María José Jove que recupera e pon en valor a etapa coruñesa do artista. Mato destacou que A Coruña está a celebrar o Ano Picasso coincidindo co 120 aniversario da primeira exposición do pintor. A titular de Traballo e Benestar eloxiou a figura de Picasso e felicitou ao Concello e a Fundación María José Jove por esta actuación. Para rematar, Mato lembrou a implicación da Fundación María José Jove coa promoción da cultura e a integración das persoas con discapacidade, ao tempo que resaltou o diálogo fluído que o departamento autonómico mantén coa entidade.

739 lecturas