O 'Conecta con Galicia' converte en embaixadores a mozos da diáspora

Transcribimos aquí o artigo publicado hoxe no xornal 'El Correo Gallego'.

Países de América contan cada ano con decenas de novos divulgadores da comunidade por medio da experiencia na terra dos seus proxenitores

  • Países de América cintan cada ano con decenas de novos divulgadores da comunidade por medio da experiencia na terra dos seus proxenitores
    Países de América cintan cada ano con decenas de novos divulgadores da comunidade por medio da experiencia na terra dos seus proxenitores
  • Imaxe de arquivo das e os participantes na primeira quenda do 'Conecta con Galicia 2016' no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo - A Coruña)
    Imaxe de arquivo das e os participantes na primeira quenda do 'Conecta con Galicia 2016' no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo - A Coruña)
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2016.

O programa ‘Conecta con Galicia' é unha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, pola que se pretende que os mozos galegos nados na diáspora teñan oportunidade de coñecer de primeira man a realidade galega, e atoparse cos seus familiares da outra beira do Atlántico no marco da Campaña de Verán da Consellería.

O programa ten como obxectivo fortalecer eses lazos que relacionan a estas mozas e mozos coa terra dos seus familiares e que, en moitas ocasións, senten como propia ao mesmo ou superior nivel dos países onde naceron. A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

Así, o programa permitiu que, este ano 2016, 179 descendentes de cidadáns galegos puidesen coñecer a realidade da mocidade galega a través da convivencia e das experiencias que proporcionaron as actividades deseñadas, e sobre todo da convivencia persoal e humana cos seus coetáneos desta parte do océano, pois a estancia realízase conxuntamente cun colectivo de mozos residentes na Galicia territorial.

Actividades de aire libre
‘Conecta con Galicia' desenvolvésese en dúas modalidades. A primeira delas son actividades de aire libre, modalidade para a que se distribúe aos beneficiarios en dous grupos de idade, de 14 a 17 anos e de 18 a 20 anos. Comparten con mozos residentes en Galicia, en quendas de doce días, as residencias e albergues xuvenís situados en Galicia e dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.

Nestas instalacións  realizan dúas actividades, de seis días cada unha. Durante a primeira, denominada ‘Cultura e Camiño', os participantes alóxanse en residencias xuvenís onde participan en actividades dirixidas a coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas, e percorren o Camiño de Santiago en varias etapas ata o destino final en Compostela. O segundo grupo de actividades, tamén de seis días de duración, desenvólvese baixo o paraugas do epígrafe ‘O mar de Galicia' no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña) onde realizan actividades de náutica de lecer e de coñecemento do medio mariño.

Campos de traballo
A segunda modalidade son os campos de traballo. Durante a súa estancia, os mozos da diáspora conviven tamén con compañeiros residentes na Comunidade Autónoma: é unha modalidade concibida para participantes con idade comprendidas entre os 20 e 30 anos, na que desenvolven actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da cultura galega, da mellora ambiental da contorna, e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico.

Con carácter previo á realización da viaxe a Galicia, os mozos seleccionados, tanto nunha modalidade como na outra, asisten a sesións informativas nos seus países de orixe, especificamente encamiñadas ao coñecemento da realidade galega en xeral e das actividades para desenvolver no programa en particular. Tamén son informados dos seus deberes respecto do cumprimento do réxime interno das residencias ou albergues en que son  aloxados.

Na edición deste ano 2016, un total de 79 participantes no programa procedían da Arxentina (71 para actividades ao aire libre, e 8 para campos de traballo), 45 do Uruguai (42 e 3), 22 de Venezuela (20 e 2), 16 de Brasil (13 e 3), 8 de Cuba (6 e 2), 8 para actividades de aire libre do resto de América (4 de Perú, 2 de México, 1 de Estados Unidos e 1 de Chile) e 1 para campos de traballo (procedente doutra Comunidade Autónoma española).

Campaña de Verán
‘Conecta con Galicia' enmárcase dentro da Campaña de Verán que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, cun orzamento que este ano foi de 2,6 millóns de euros. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas, xa que foron en total 9.046, un 6% máis que o ano pasado.

É destacable que tamén se facilita aos descendentes de galegos, teñan ou non nacionalidade española, en igualdade de condicións que os mozos residentes no territorio, a posibilidade de acollerse a esta campaña e participar nas súas actividades.

A campaña inclúe albergues, campamentos, campos de traballo e actividades de lecer e tempo libre para a mocidade. É destacable que outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellado: grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de lecer e tempo libre de Galicia deron traballo a máis de 900 monitores e directores de campamentos.

 

Fonte: El Correo Gallego

1001 lecturas