Feijóo marca o retorno das e dos emigrantes como unha das prioridades fundamentais do seu terceiro mandado

O Presidente da Xunta lembra aos galegos e galegas do Exterior no seu discurso de investidura, cun especial recordo á difícil situación que atravesan os paisanos e paisanas residentes en Venezuela.

  • O Presidente da Xunta lembrou aos galegos e galegas do Exterior no seu discurso de investidura no Parlamento de Galicia
    O Presidente da Xunta lembrou aos galegos e galegas do Exterior no seu discurso de investidura no Parlamento de Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016.

O retorno das e dos galegos que residen fóra da Galicia territorial será un dos tres eixos fundamentais da acción de Goberno de Alberto Núñez Feijóo nesta a súa terceira lexislatura consecutiva como Presidente da Xunta, segundo salientou na sesión de investidura no Parlamento autonómico.

“Imos traballar para que os que emprenderon o camiño da emigración e queren volver á súa terra poidan facelo”, dixo literalmente o xa investido Presidente da Xunta de Galicia, escolleito co respaldo de 41 dos 75 deputados e deputadas do hemiciclo.

Feijoo lembrou, durante o seu discurso, a Galeguidade dispersa por todo o mundo, cun especial recordo á difícil situación que atravesan os paisanos e paisanas en determinados países e momentos, como agora as e os galegos residentes en Venezuela.

O renovado máximo responsable da Administración galega tivo unha agarimosa lembranza para todos aqueles e aquelas cidadáns galegos residentes no Exterior, tanto as e os novos como os de máis idade: “Aínda que Galicia é a comunidade española con menor taxa de emigración xuvenil, somos conscientes de que moitas mozas e mozos, na época da recesión, non atoparon unha oportunidade na súa terra. Paralelamente, imos intentar atraer aos galegos de segunda e terceira xeración que están residindo nos países onde tradicionalmente emigraron os galegos. A volta destes galegos da Arxentina, Uruguai, de Cuba ou Venezuela... axudará tamén a revitalizar a nosa sociedade e a encher Galicia de sangue novo que nos impulse na década que vén”, afirmou Feijóo.

Este feito foi salientado polos medios de comunicación galegos, e moi nomeadamente por aqueles dirixidos ás colectividades no Exterior, como se pode ver nas seguintes ligazóns:

803 lecturas