Novas
Buscador
- Emigración asina un convenio coa fundación +34 para a atención das persoas galegas que se atopen en situación de privación de liberdade no exterior e especial necesidade 20.08.2016 audio A finalidade do acordo é actuar nos eixos xurídico, psicolóxico, médico e farmacéutico. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e mailo presidente da Fundación +34, Francisco Javier Casado Martín, asinaron un acordo para prestar atención a aqueles presos e presas de orixe galega e que estean en situación de especial... Máis información
- Emigración asina un convenio coa Asociación de ámbito provincial Umia-Ulla para información e asesoramento a persoas retornadas 19.08.2016 audio Esta entidade presta servizos de asesoramento xurídico, administrativo e social a galegas e galegos que volveron á terra. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e mailo presidente da Asociación de Emigrantes Retornados Río Umia (AERU) -de ámbito de actuación na provincia de Pontevedra- Celso Dominguez Búa, asinaron esta... Máis información
- A Casa de Galicia de Córdoba, exemplo de integración e achega cultural na sociedade de recepción, presentou a Miranda o seu balance de actividades 17.08.2016 audio O secretario xeral da Emigración comprometeu o apoio do seu departamento á continuidade do Premio Literario ‘Rosalía de Castro’, unha das actividades do centro con maior transcendencia social en toda Andalucía. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho en Santiago á directiva da Galicia de Córdoba,... Máis información
- Miranda comparte coa Comunidade Galega de Sao Paulo a “Gran festa de Galicia” 31.07.2016 audio O secretario xeral da Emigración acompañou aos galegos e galegas residentes na metrópole brasileira, e os seus veciños nativos, nesta celebración de confraternidade organizada pola ‘Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao’ O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participa hoxe nas actividades culturais,... Máis información
- Miranda acode á inauguración da “Rúa de Galicia” en Niterói, recoñecemento das autoridades brasileiras á importancia histórica e de futuro da comunidade galega no país 29.07.2016 audio O secretario xeral da Emigración gabou a capacidade de integración das comunidades galegas na diáspora, “conscientes de que o seu desenvolvemento ten que ir da man do da súa contorna” O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, continúa a súa viaxe por Brasil na localidade de Niterói, que comparte xunto a de Río de Xaneiro a Baía... Máis información
- A Xunta consolida o seu firme apoio ao papel social das comunidades galegas en Río de Xaneiro 29.07.2016 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asinou un convenio de colaboración á ‘Peña Galega’ da Casa de España e visitou a Sociedade ‘Recreio dos Anciâos’ , coa que recentemente asinou outro documento similar Ademais, o responsable de Emigración destacou o papel solidario da diáspora no Brasil na súa visita á ‘Sociedade... Máis información
- Miranda visita as comunidades galegas e asiste ás reunións preparatorias para a execución dos programas sociais da Xunta en varios enclaves de Cuba 29.07.2016 audio O secretario xeral da Emigración mantivo asemade na Habana unha xuntanza de traballo cos presidentes das entidades galegas A Federación que as engloba fíxolle partícipe dalgunhas das actividades previstas para conmemorar o 110 aniversario da estrea do himno galego En Cuba residen 39.000 galegas e galegos, dos que o 98% naceron xa na diáspora Dous... Máis información
- Rodríguez Miranda acompaña os participantes deste ano nas “Escolas Abertas” na súa exhibición polas rúas de Ourense 26.07.2016 audio Milleiros de galegas e galegos da diáspora benefícianse deste programa de formación permanente e especializada en diversas áreas, cuxos alumnos e alumnas despois espallan e divulgan nas súas áreas de residencia habitual Os 80 rapaces e rapazas participantes na edición deste ano nos cursos de gaita tradicional galega, baile tradicional galego,... Máis información
- Rueda e Miranda participan en Vila de Cruces no descubrimento da réplica do primeiro coche arxentino, feito integramente por un emigrante da localidade 23.07.2016 audio Reflexo da relevancia histórica do insigne galego, o museo local da municipalidade de Campana leva o seu nome O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o delegado Territorial da Xunta de Galicia en... Máis información
- Alfonso Rueda e Román Rodríguez saúdan en Compostela a 200 participantes nos programas ‘Conecta con Galicia’ e ‘Escolas Abertas’ 20.07.2016 audio Do total de 208 mozas e mozos que hoxe departiron cos dous membros do Goberno galego, a gran maioría son galegos e galegas de segundas xeracións residentes en países de Hispanoamérica O vicepresidente da Xunta destacou que, para Galicia, é unha importante a avantaxe comparativa contar con segundas xeracións de galegos e galegas no Exterior “tan ou... Máis información
Páxinas |








