Novas
Buscador
- O Centro Galego de Mallorca celebrou o Día de Galicia 31.07.2017 audio O Centro Galego de Mallorca celebrou o Día de Galicia 2017 o pasado 25 de xullo. A festividade comezou coa procesión do Santo Santiago ata a igrexa de Can Pastilla, onde se celebrou unha misa cantada pola coral da parroquia, que estivo acompañada polos gaiteiros do grupo Anaquiños. Á saída, na praza, os gaiteiros interpretaron varias pezas para... Máis información
- Miranda, entre os convidados e convidadas da III Romaría Internacional, organizada por Abanca en Celanova 30.07.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, canda outras autoridades autonómicas e locais, participou na terceira edición da Romaría Abanca Internacional, celebración na que se encontran cada ano algunhas das persoas máis relevantes da diáspora galega, especialmente do ámbito económico e dos negocios. Nesta ocasión, a Romaría... Máis información
- Rodríguez Miranda analiza con Ogando Zas a actualidade da diáspora galega en Cuba 29.07.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente do ‘Centro Unión Ourensá Amizade e Solidariedade’ da Habana, Roberto Ogando Zas, con quen compartiu información e valoracións sobre a situación das comunidades galegas con presenza en Cuba. Ogando presentou asemade a Miranda algunhas das... Máis información
- As e os alumnos de 'Escolas Abertas', protagonistas do programa 'Aquí Galicia' 28.07.2017 audio O alumnado e profesorado da edición de 2017 de 'Escolas Abertas' foron protagonistas de diversos programas de radio e televisión, e insertos en prensa escrita e en liña, entre eles do programa estrela das tardes do sábado, 'Aquí Galicia', na Televisión de Galicia, dedicado o pasado sábado 22 de xullo á cidade de Ourense, onde tivo lugar, por... Máis información
- Miranda, Mouteira e Vázquez presenciaron a homenaxe das e dos participantes de ‘Escolas Abertas’ á cidade de Ourense 26.07.2017 audio Milleiros de galegas e galegos da diáspora, o 70 por cento dos cales xa naceron fóra, benefícianse deste programa de formación permanente e especializada en diversas áreas, cuxos alumnos e alumnas despois espallan e divulgan nas súas áreas de residencia habitual. As 65 persoas participantes na edición deste ano nos cursos de gaita tradicional... Máis información
- Ampla difusión nos medios ao tramo do Camiño compartido entre autoridades e participantes no 'Conecta con Galicia' 25.07.2017 audio O primeiro tramo do Camiño de Santiago pola Vía da Prata, que realizou un dos grupos de rapazas e rapaces da segunda quenda do programa 'Conecta con Galicia', obtivo un importante eco nos medios de comunicación galegos, tanto audiovisuais coma impresos e en liña. As e os participantes, que coinciden nesta actividade con mozas e mozos residentes... Máis información
- Intervención do presidente da Xunta no acto de entrega das Medallas de Galicia 2017 24.07.2017 audio As Medallas de Galicia 2017 recoñeceron a Miguel Ángel Blanco, Isabel Castelo D´Ortega, Aníbal Cavaco Silva e José Manuel Romay Beccaría. Autoridades presentes, Señoras e señores: Galicia celebra cada 25 de xullo a súa festa da unidade. É unha conmemoración que fai patente a existencia de vencellos insuperables, non soamente entre os... Máis información
- Miranda repasa a actualidade das comunidades galegas en México co presidente do Centro Galego 23.07.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente do Centro Galego de México, Florencio Gulías, con quen analizou a actualidade das comunidades galegas na décima cidade máis poboada do mundo e a primeira non asiática. “É a mexicana unha sociedade complexa e poliédrica na que as e os galegos, coma... Máis información
- Miranda visita ao alumnado participante en Escolas Abertas e ínstao a “seguir no camiño da mellora permanente da calidade” 22.07.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado de persoal do seu departamento, visitou ao alumnado e profesorado participantes na edición deste ano do programa Escolas Abertas, que se desenvolve ata fin de mes en Ourense. Trátase dun programa, convocado tódolos anos pola Secretaría Xeral da Emigración, grazas ao cal... Máis información
- As e os participantes do programa ‘Conecta con Galicia’ percorren o primeiro tramo do Camiño de Santiago en Ourense 21.07.2017 audio Estiveron acompañadas e acompañados polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Na iniciativa participarán un total de 177 mozos e mozas da Galicia exterior de entre 14 e 30 anos.... Máis información
Páxinas |









