Miranda, Mouteira e Vázquez presenciaron a homenaxe das e dos participantes de ‘Escolas Abertas’ á cidade de Ourense
Milleiros de galegas e galegos da diáspora, o 70 por cento dos cales xa naceron fóra, benefícianse deste programa de formación permanente e especializada en diversas áreas, cuxos alumnos e alumnas despois espallan e divulgan nas súas áreas de residencia habitual.
As 65 persoas participantes na edición deste ano nos cursos de gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego, amosaron o seu bo facer na Praza de San Martiño, en pleno casco monumental ourensán.
A praza de San Martiño, na cidade de Ourense, foi o escenario onde as e os 65 participantes das Escolas Abertas 2017 realizaron a súa demostración

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a delegada da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, e mailo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acompañaron esta tarde no casco vello ourensán a exhibición do alumnado da edición deste ano 2017 de “Escolas Abertas”, coa que as e os formadores participantes na iniciativa quixeron compartir os seus coñecementos, e agradecer o trato recibido, ao público da cidade que os acolleu durante a súa estadía na Galicia territorial.
Trátase dun programa que pretende espallar a cultura, modo de vida e actualidade de Galicia por todo o mundo a través da convivencia e estadía de individuos que transmitirán a súa experiencia propia a moitas e moitos outros nos seus lugares de orixe ou residencia habitual, mediante o efecto multiplicador dos cursos formativos. Desta maneira, a Galicia actual dáse a coñecer da maneira máis efectiva e afectiva.
As e os alumnos deste programa son, á súa vez, formadores nos lugares dos que proceden, polo que os seus coñecementos, e tamén a súa experiencia de contacto directo coa realidade actual do país, chega así aos cidadáns e ás cidadás da Galicia do Exterior. Coa instrución e mellora de habilidades das e dos participantes na iniciativa, acrecéntase o interese e a formación de milleiros de galegas e galegos residentes, e mesmo nados, fóra da Galicia territorial.
Así, e segundo o secretario xeral da Emigración Antonio Rodríguez Miranda, “a formación, a través dos participantes en Escolas Abertas, espállase a decenas de milleiros de alumnas e alumnos polos centros e casas de Galicia no mundo”. Ata o momento, téñense formado directamente nas distintas edicións do programa máis de mil persoas, pero cada unha delas transmite despois os seus coñecementos e aprendizaxe aos respectivos alumnados nos centros e casas de Galicia onde imparten as clases.
Segunda vez en Ourense
O programa tense desenvolvido en distintas instalacións de Galicia, sendo a segunda vez que se leva a cabo no I.E.S. Universidade Laboral de Ourense, mercé ao apoio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que cede as instalacións. Desta maneira, danse a coñecer directa e persoalmente ás e aos formadores –moitos deles galegas e galegos de segunda xeración, nados xa no estranxeiro- distintas zonas do territorio galego. Ademais, esta variedade de emprazamentos contribúe a enriquecer a diversidade cultural propia da nosa terra.
Cómpre salientar que esta ‘formación de formadores’ permite que se fortalezan e redobren os vencellos con Galicia das segundas xeracións (cidadás e cidadáns galegos xa nados no Exterior), que arestora conforman xa máis do setenta por cento da diáspora, e que supoñen un activo e unha avantaxe comparativa de primeira orde na expansión internacional de Galicia.
Os cursos que se levaron a cabo nesta edición de 2017 consistiron en obradoiros de especialización das seguintes modalidades: gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego. Cómpre salientar que sempre se trata de obradoiros que teñen unha ampla demanda por parte das entidades galegas no Exterior.
Novas relacionadas