Ampla difusión nos medios ao tramo do Camiño compartido entre autoridades e participantes no 'Conecta con Galicia'

Os medios galegos fixeron amplo eco do 'Conecta con Galicia' da Secretaría Xeral da Emigración
Os medios galegos fixeron amplo eco do 'Conecta con Galicia' da Secretaría Xeral da Emigración
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2017.

O primeiro tramo do Camiño de Santiago pola Vía da Prata, que realizou un dos grupos de rapazas e rapaces da segunda quenda do programa 'Conecta con Galicia', obtivo un importante eco nos medios de comunicación galegos, tanto audiovisuais coma impresos e en liña. As e os participantes, que coinciden nesta actividade con mozas e mozos residentes na propia Galicia territorial, foron ademáis acompañados nos primeiros metros, desde a Praza Maior de Ourense ata a Ponte Romana da capital das Burgas, polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; a delegada da Xunta na provincia, Marisol Díaz Mouteira; o alcalde da cidade, Jesús Vázquez; o subdelegado do Estado, Roberto Castro; e mailo vicepresidente da Deputación Provincial, Rosendo Luis Fernández; entre outras autoridades.

Achegamos ligazón á reportaxe (picar aquí para acceder) que, en directo, fixo a Televisión de Galicia da saída do grupo, con entrevistas a Verónica e Francisco, dous das e dos participantes.

1110 lecturas