Novas
Buscador
- Miranda recibe á presidenta do Lar Galego de Pamplona e compromete o mantemento do apoio de Emigración á súa actividade 23.08.2017 audio O secretario xeral da Emigración coñeceu as recentes accións da única comunidade galega de Navarra, presente na rexión desde hai máis de 65 anos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho a María Jesús Rodríguez García, presidenta do Lar Galego de Pamplona, quen lle deu conta das recentes actividades... Máis información
- Miranda: “Os datos constatan que o século XXI é o do retorno dos galegos do exterior” 22.08.2017 audio “Fronte ao século XX, que supuxo unha importante saída de paisanos cara fóra, o número de nacidos en Galicia no estranxeiro descende ano tras ano”, asegurou o secretario xeral da Emigración. Canda o alcalde en funcións da localidade, Julio Mosquera, inaugurou en Celanova a mostra ‘Os adeuses, fotografías de Alberto Martí’. O secretario xeral da... Máis información
- Miranda visita o maior castro de Galicia e gaba o traballo de recuperación da cultura propia, que demostra que os antiguos galegos e galegas foron “pioneiros no que hoxe chamamos globalización” 20.08.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa “Lansbrica” de San Cibrao de Las, no concello de San Amaro (Ourense), coincidindo coa celebración das Xornadas de Cultura Celta clausuradas polo alto cargo autonómico. Acompañaron a Miranda na visita o delegado de Cultura, Deportes e... Máis información
- Os medios de comunicacion de Galicia fanse eco das axudas ao retorno emprendedor 19.08.2017 audio As axudas ao retorno emprendedor, da Secretaría Xeral da Emigración, cuxo prazo de solicitude conclúe o 29 de setembro, obtiveron un importante eco nos medios de comunicación galegos, tanto audiovisuais coma impresos e en liña. Achegamos ligazóns ás reportaxes que fixo a Televisión de Galicia: A primeira, con declaracións do secretario xeral da... Máis información
- Miranda recibiu a representantes da diáspora galega en Cataluña 18.08.2017 audio Horas antes do criminal atentado en Barcelona, o secretario xeral da Emigración dialogou no seu despacho cos voceiros da Unión de Asociacións Galegas de Catalunya, entidade que forma parte da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho aos... Máis información
- Miranda asistiu ao X Encontro de Amigos da Cultura Celta 16.08.2017 audio O secretario xeral gaba o traballo de entidades coma a organizadora do evento que “poñen en valor a cultura e tradición da nosa terra, tal e como fai decote a diáspora en tódolos países do mundo”. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á décima edición do encontro organizado por socias e socios de Amigos da Cultura... Máis información
- Galegas e galegos do exterior que retornan ao territorio dispoñen de axudas de ata 8.000 euros para crear a súa empresa 13.08.2017 audio O prazo de solicitude está aberto ata o 29 de setembro. Son subvencións que xa deron pulo ata o de agora a 51 iniciativas, e para as que este ano se teñen xa presentado 21 solicitudes. Esta iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración complementa, sen excluílas, as axudas para emprendedores e emprendedoras doutros departamentos autonómicos e... Máis información
- Feijóo resalta a ‘Festa do Pulpo’ do Carballiño como exemplo da Galicia acolledora e aberta 13.08.2017 audio O presidente da Xunta participou este mediodía na LV edición desta Festa de Interese Turístico Nacional. Avoga por seguir apostando por unha Galicia anfitrioa que converte á e ao visitante nun galego máis. Felicitou ao Centro Galego de Nüremberg, un centro que celebra o seu 25 aniversario e que, ao igual que Galicia, se fixo coa suma de... Máis información
- Miranda recibe á Asociación de Amigos da Cultura Celta e compromete a súa asistencia ao encontro de San Amaro 12.08.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho a Carlos de Blas e José Luis Pardo, representantes da Asociación Amigos da Cultura Celta, que invitaron ao alto cargo autonómico a formar parte do seu X Encontro, que terá lugar este próximo mércores en San Amaro (Ourense) e que nesta ocasión leva por epígrafe ‘... Máis información
- O Lar Galego celebrou as Festas do Apóstolo na capital de Navarra 08.08.2017 audio O Lar Galego de Pamplona - Casa de Galicia en Navarra festexou o Santiago Apóstolo cun programa de eventos que deu comezo o sábado 22 de xullo co lanzamento a cargo de Jesús de Val, socio de honra da entidade, do tradicional chupinazo. Xa o martes 25, Día de Galicia e do Apóstolo, oficiouse unha misa na parroquia de San Francisco Javier, coa... Máis información
Páxinas |









