Miranda preside a entrega dos Pratos de Ouro no acto oficial do Salón Internacional Gastronómico Xantar 2018 en Ourense

O secretario xeral da Emigración e o alcalde de Ourense, durante a entrega dun dos galardóns
O secretario xeral da Emigración e o alcalde de Ourense, durante a entrega dun dos galardóns
Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 1 de febreiro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a delegada provincial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e o alcalde, Xesús Vázquez, así como outras autoridades locais e diveras e diversos membros de asociacións profesionais da hostalería e o turismo, asistiron á entrega das Medallas, os Gorros e os Pratos de Ouro de Radioturismo a restaurantes e entidades de Galicia, Portugal, Panamá e Costa Rica, no marco do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo Xantar 2018, celebrada no recinto feiral de Expourense. Miranda foi o encargado de presidir o acto e facer entrega de varios dos galardóns outorgados polo xurado do evento deste ano.

Os restaurantes premiados nesta ocasión foron Adegas das Caldas e O Lar do Leitón, de Ourense; Suso, en Casto Riberas Lea, e Os Pendellos, en Chantada, ambos na provincia de Lugo; A Tulha, da localidade portuguesa de Ponte de Lima; e Riesen Cocina Local, en Ciudad de Panamá. As Medallas de Ouro, pola súa banda, recaíron en Ciudad de Panamá, capital do país centroamericano; o Club gastronómico de Panamá; Juna Carlos Parada, expresidente de Expourense; e Melchior Moreira, presidente da Rexión Turística Porto Norte.

482 lecturas