Novas
Buscador
- Miranda resalta o traballo da Asociación Rosalía de Castro de Cornellá na preservación e difusión da cultura galega en Cataluña 31.10.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o compromiso da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá na preservación da cultura e das tradicións galegas en Cataluña durante a reunión mantida co seu presidente, Oliver Fernández Expósito. Miranda subliñou a importancia de manter vivos os lazos culturais con... Máis información
- O documental “Anduriña, muller de ida e volta” inicia en Madrid unha xira mundial por máis de 50 centros galegos levando unha emotiva testemuña de conexión coa terra 30.10.2024 audio As protagonistas de “Anduriña, muller de ida e volta” estiveron presentes na estrea en Madrid para contar en primeira persoa as súas historias de “ida e volta”. O acto contou coa presenza do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos; a directora do documental, Cristina Pascual... Máis información
-
A Xunta investirá máis de 32 M€ en 2025 para impulsar o emprendemento aliñado co territorio a través dos polos e atraer o talento de colectivos prioritarios
29.10.2024
audio
O Consello do Goberno galego coñeceu un informe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración sobre o Centro de Orientación ao Emprendemento de Galicia —recentemente operativo desde A Coruña— e sobre a Rede de polos que coordina.
O Centro está a reforzar a estratexia que premiou a Galicia como Rexión emprendedora europea 2025, dando acubillo...
Máis información
- A Xunta reforza a captación de talento co investimento de máis de 11 M€ en 2025 de cara a cubrir vacantes e mellorar o tecido produtivo galego 28.10.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración compareceu no Parlamento galego para explicar as contas do seu departamento para 2025, dotadas con máis de 497 M€. Dentro da iniciativa, José González debullou medidas novas a prol da volta de galegos como arredor de 2M€ para rehabilitar vivendas vinculados ao Retorna Cualifica Emprego, sumados ás... Máis información
- José González destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega en Suíza e realza o traballo das entidades galegas do exterior a prol da nosa cultura 26.10.2024 audio O conselleiro visitou en Zúrich a sede da Asociación Cultural As Xeitosiñas, antes de participar esta tarde en Basilea no 40 aniversario do Centro Recreativo Cultural Ourense. Remarcou a implicación da Xunta cos galegos do exterior, uns días despois de pedir ao Goberno de España que elimine as desigualdades que impón aos retornados no fiscal -co... Máis información
- Miranda: "O Noso Lar de República Dominicana renace como un espazo de encontro e celebración da cultura galega, mirando ao futuro con novas iniciativas e actividades" 25.10.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nun encontro coa colectividade, nun acto organizado polo Centro Galego "O Noso Lar" de República Dominicana, ao que asistou o Embaixador de España na Illa, entre outros invitados. Miranda lembrou que os centros galegos no mundo son moito máis que lugares de encontro; son faros... Máis información
- Miranda reúnese co Embaixador de España na República Dominicana para reforzar a colaboración institucional en apoio aos galegos do exterior, con especial atención aos programas de retorno e promoción cultural 24.10.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro co embaixador de España na República Dominicana, Antonio Pérez-Hernández no que abordaron temas de interese común para a colectividade galega residente no país. Durante a reunión, Miranda subliñou a importancia da colaboración institucional para reforzar o apoio... Máis información
- A Xunta recibe solicitudes de máis de 600 persoas no ‘Xuventude Crea’, a maior participación en 15 anos 23.10.2024 audio O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, participou na presentación da obra publicada polo gañador da categoría de novela no 2023. O certame supón un escaparate para o talento da mocidade en diversos eidos, sendo a fotografía, as artes plásticas e a poesía os de maior afluencia. Nesta décimo quinta convocatoria ascenden a 16 as especialidades... Máis información
- A Xunta insta ao Goberno central a axilizar a homologación de títulos formativos para facilitar a integración sociolaboral dos retornados 22.10.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo un encontro en Madrid coa secretaria de Estado de Migraciones, Pilar Cancela. O conselleiro puxo en valor o traballo desenvolvido a través da Estratexia Galicia Retorna e a necesidade de que o Executivo asuma as súas competencias e colabore no financiamento destas políticas... Máis información
-
Miranda reafirma o compromiso da Xunta cos profesionais retornados para converter a Galicia nun referente de atracción exterior
22.10.2024
audio
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou na clausura da mesa redonda coas empresas galegas que as políticas de retorno seguirán sendo prioritarias para facilitar a volta dos galegos do exterior e promover o seu desenvolvemento profesional na terra.
A maioría dos galegos que participan nestes eventos contan con...
Máis información
Páxinas |









