Novas
Buscador
- Aberto o prazo para que os galegos do exterior soliciten formarse en Galicia a través de Retorna Talento FP, que incrementa un 40% as súas prazas 29.03.2025 audio Hai un total de 150 bolsas, de 4.000 e 12.000€, para que cursen certificados de profesionais e ciclos de FP Dual Intensiva. O prazo de solicitudes estará aberto desde o 28 de marzo ao 28 de abril na modalidadeA, e do 28 de marzo ao 27 de maio na B. A Xunta vén de abrir o prazo para que os galegos do exterior poidan volver á súa terra de orixe... Máis información
- A Xunta participa nun foro con empresarios galegos en México para expoñer oportunidades de retorno e investimento en Galicia 29.03.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou o potencial que representa o retorno para Galicia desde o punto de vista económico e empresarial e detalláronse as diferentes medidas orientadas a facilitar o emprendemento e a actividade profesional dos retornados. O director de Turismo de Galicia salientou as boas cifras do... Máis información
- A Xunta informa ante un cento de persoas en México das oportunidades de retorno a Galicia 28.03.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou na súa intervención as bolsas BEME, as de Talento FP e o programa Retorna Cualifica Emprego. O director de Turismo de Galicia salientou as oportunidades profesionais que ofrecen os estudos do Centro Superior de Hostalería de Galicia e os altos índices de inserción laboral en... Máis información
- A Xunta mantén un encontro na Embaixada de España para reforzar a colaboración institucional en apoio aos galegos en México 27.03.2025 audio Trátase da primeira xuntanza da viaxe institucional do secretario xeral da Emigración e o director de Turismo de Galicia a México que inclúe reunións coa colectividade galega e con empresarios galegos neste país. Realizarán sesións informativas sobre a estratexia Galicia Retorna e as bolsas de estudos do Centro Superior de Hostalería de Galicia... Máis información
- Emigración e o Centro Galego de Álava avanzan en novas vías de colaboración cultural en Euskadi 25.03.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Mónica Calvo, presidenta do Centro Galego de Álava e presidenta da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, co obxectivo de afondar no coñecemento da realidade da entidade e da colectividade galega asentada no País Vasco. Esta reunión serviu para intercambiar... Máis información
- A Xunta impulsa a tradición galega en Uruguai cunha masterclass de pandeireta e canto de Xabier Diaz á que asiste a Delegada da Xunta 25.03.2025 audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á maxistral clase de pandeireta e canto impartida polo recoñecido artista galego Xabier Díaz no Centro Valle Miñor. O evento, que reuniu a unha ampla representación da colectividade galega, contou coa participación de pandereteiras de diversas entidades galegas do país, converténdose nunha... Máis información
- Miranda destaca en Madrid o papel da Orde da Vieira como símbolo da galeguidade universal 23.03.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou no LVII Capítulo da Orde da Vieira, unha das citas máis relevantes dos galegos do exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou en Madrid no LVII Capítulo da... Máis información
- O secretario xeral da Emigración e o director da Axencia de Turismo de Galicia viaxan a México para promover as oportunidades de retorno a Galicia 22.03.2025 audio Este tipo de accións son fundamentais para informar de primeira man á colectividade galega no exterior sobre as posibilidades reais que existen para o seu regreso e sobre as potencialidades de formación do Centro Superior de Hostelería de Galicia. A viaxe incluirá diversas xornadas informativas, encontros no Centro Galego de México DF con... Máis información
- A Xunta pon en marcha "Conecta con Galicia no Camiño", un programa destinado a que a mocidade galega percorra a ruta xacobea 21.03.2025 audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria unificada das iniciativas "Conecta con Galicia" e "Conecta co Camiño" a través da que se ofertan 120 prazas, 96 reservadas para mozos residentes no exterior e 24 para aqueles que viven en Galicia. Os participantes terán a oportunidade de percorrer a pé un tramo de 100 km do Camiño de Santiago... Máis información
- Miranda reúnese cos responsables do Centro Galego de Rafaela para analizar os proxectos de promoción da cultura galega en Arxentina 20.03.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cos responsables do Centro Galego de Rafaela, en Arxentina, co obxectivo de coñecer de primeira man as iniciativas que está a desenvolver esta entidade en favor da colectividade galega na localidade. Durante a reunión, analizaron os proxectos que se están a impulsar... Máis información
Páxinas |









