Novas
Buscador
- Miranda viaxa á Arxentina para avaliar a situación da principal colectividade galega no exterior e informar dos programas de actuación postos en marcha 27.02.2020 audio O secretario xeral da Emigración reuniuse na tarde de onte coas directivas e representantes do Centro Gallego de Avellaneda, o Centro Arzuano Mellidense e o Centro Lalín, Agolada, Silleda. Agradécelles o “impagable traballo que realizan diariamente a prol da colectividade, fortalecendo os vínculos que irmandan a Galicia e Arxentina, e difundido a... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración convoca o Programa de Difusión da Cultura Galega “Escolas Abertas” 26.02.2020 audio A proposta do Goberno galego permite a alumnos de todo o mundo recibir formación especializada en gaita, baile, percusión, canto e confección a través dos docentes que participan no programa. Un total de oitenta profesores de entidades do exterior participarán nesta nova edición do programa. Por quinto ano consecutivo, Ourense é o lugar escollido... Máis información
- O Diario Oficial de Galicia publica a Convocatoria de “Conecta con Galicia”, que este ano contará con 174 prazas para mozos galegos que residan no exterior de entre 15 e 20 anos 25.02.2020 audio O programa da Secretaría Xeral da Emigración ofrece, en colaboración coa Consellería de Política Social, axudas para que a mocidade galega do exterior participe en actividades de ocio e cultura galega durante 10 días na comunidade. Os grupos de beneficiarios dividiranse en dúas quendas que alternarán varias etapas do Camiño de Santiago con... Máis información
- Miranda asiste en Alemaña ao Entroido da Asociación Cultural Galega de Hamburgo 23.02.2020 audio O secretario xeral da Emigración resalta a importancia de reforzar os vínculos coa colectividade galega no pais e agradece o compromiso da entidade coa difusión e transmisión da cultura galega. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, viaxou este fin de semana ata Alemaña para asistir á tradicional celebración do Entroido... Máis información
- Abre o prazo de solicitudes da convocatoria de “Reencontros na Casa”, que este ano ofrece 215 prazas para galegos maiores do exterior 22.02.2020 audio O programa permitirá a galegos residentes en América con poucos recursos económicos achegarse á súa terra e ás súas familias. As axudas se empregarán en costear parte da viaxe en avión dos máis de 200 beneficiarios. Trala publicación onte no Diario Oficial de Galicia, hoxe abre o prazo de solicitudes da nova convocatoria do programa da Secretaría... Máis información
- Miranda reúnese co Cónsul de España en Sao Paulo 21.02.2020 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe co cónsul de España en Sao Paulo, Ángel Vázquez Díaz de Tuesta, co obxectivo de “afondar na necesaria coordinación entre as administracións española e galega”. A xuntanza permitiu abordar a situación do país e da colectividade española, e máis concretamente a galega, que... Máis información
- Miranda agradece a Sociedade Rosalía de Castro o seu compromiso cos galegos maiores do Brasil 21.02.2020 audio O secretario xeral da Emigración remata a súa viaxe oficial ao país suramericano cunha visita a esta entidade a que pon como exemplo da “solidariedade cos máis desfavorecidos, marca distintiva da diáspora galega”. Resalta o traballo de “moitas asociacións en todo o mundo vinculadas a Galicia que cobren as necesidades dos nosos maiores, atendéndoas... Máis información
- Miranda achega as liñas e programas de actuación da Estratexia Retorna 2020 aos galegos das principais cidades do Brasil 20.02.2020 audio Tras Salvador de Baía, o secretario xeral da Emigración prosigue en Santos e Sao Paulo a súa primeira viaxe do ano ao país suramericano, onde mantén encontros coa colectividade no Centro Español y Repatriación de Santos e na Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao. Resalta as oportunidades de retorno que ofrecen moitas das... Máis información
- Miranda inicia a súa primeira viaxe do ano ao Brasil para avaliar a situación da colectividade e dar a coñecer os programas de actuación previstos para este ano 19.02.2020 audio O secretario xeral da Emigración mantén un encontro cos directivos dos centros galegos en Salvador de Baía -Caballeros de Santiago, Centro Espanhol, Asociación Río Tea, Galicia SporteClube e Escola de dança, arte e cultura galega e espanhola- a quen lles agradece o seu traballo e implicación a prol da colectividade e na conservación e difusión da... Máis información
- A Xunta e o sector tecnolóxico colaboran para captar talento dixital entre os galegos e as galegas do exterior 18.02.2020 audio En marzo abrirase a canle Retorna Dixital, dentro do portal Retorna, para facilitar o encontro entre perfís dixitais interesados en voltar á Galicia e empresas TIC. A directora da Amtega e o secretario xeral da Emigración mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo coas empresas asinantes do Pacto Dixital de Galicia. Son as primeiras en adherirse á... Máis información
Páxinas |









