Novas
Buscador
- A Secretaría Xeral da Emigración acorda adiar o Día da Galicia Exterior para 2022 tras consultar á Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas 08.02.2021 audio A reunión, que tivo lugar esta tarde, foi telemática, e estivo presidida polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. A situación actual de pandemia foi a razón pola que este ente tomou a decisión de trasladar ao próximo ano a celebración de xeito que poidan acudir tódolos galegos e galegas do exterior que o desexen. O... Máis información
- A Xunta de Galicia investirá 4,6M€ en 111 cursos de formación para persoas desempregadas nos centros educativos de FP 08.02.2021 audio O obxectivo é impulsar a empregabilidade con estas iniciativas formativas que inclúen módulos específicos sobre igualdade, inserción laboral e sensibilización ambiental. Trátase de coordinar a oferta de formación profesional ás demandas do tecido industrial e produtivo da Comunidade. As e os emigrantes retornados interesados poderán optar a estes... Máis información
- Falece o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega 07.02.2021 audio O presidente da Xunta lamentou o falecemento de quen era delegado da Xunta na capital de España desde 2009. José Ramón Ónega, director da Casa de Galicia en Madrid, faleceu nas últimas horas. O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, lamentou o falecemento de quen era delegado da Xunta na capital de España desde 2009. Feijóo tense... Máis información
- Educación e Emigración destacan a integración inmediata das galegas e galegos retornados no sistema educativo galego 07.02.2021 audio Ambos departamentos autonómicos tamén destacaron a axilidade en Galicia da homologación dos títulos educativos non universitarios dos galegos e as galegas do exterior. Así mesmo acordaron dirixirse ao Goberno do Estado para reiterar a necesidade de axilizar a homologación de títulos universitarios, xa que este retraso obriga a caer no infraemprego... Máis información
- Emigración facilita información sobre a súa orixe familiar a 2.300 galegas e galegos do exterior 06.02.2021 audio A Secretaría Xeral, en colaboración coas cinco dioceses galegas, foron quen de dar resposta ás diferentes peticións de partidas de nacemento, bautismais, matrimonios ou defuncións. Case 2.300 galegas e galegos do exterior solicitaron documentación no último ano sobre a súa orixe familiar, ben a través da Secretaría Xeral da Emigración ou ben a... Máis información
- Emigración informa da posta en marcha dun novo programa da Xunta que permitirá rehabilitar aldeas do rural con acceso a servizos dixitais 05.02.2021 audio A Consellería do Medio Rural colaborará no Polo para a Transformación de Galicia que permitirá mobilizar fondos europeos para a transformación do rural. A Xunta actuaría sobre edificacións propiedade da administración autonómica ou dos concellos, aínda que tamén está a estudar a opción de destinar parte destes fondos a axudas a particulares para... Máis información
- Emigración realiza dúas xornadas técnicas con máis de 200 membros das entidades de Europa e América sobre as novas axudas para a realización de obras e adquisición de equipamentos 04.02.2021 audio Nestes encontros virtuais trasladóuselles que unha das novidades deste ano é que poden acudir a esta liña todas as entidades, sen diferenza pola súa tipoloxía e que se abre a convocatoria para a adquisición de aplicacións informáticas de xestión. A Secretaría Xeral destina 575.000 euros á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e... Máis información
- A Xunta convoca axudas de ata 10.800 euros para facilitar aos mozos e mozas a compra dunha vivenda no marco do novo Pacto Social 04.02.2021 audio O DOG publica unha orde de subvencións con 800.000 euros para adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes por parte de xente nova. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliña que unha das prioridades da Xunta para os vindeiros cinco anos en materia residencial serán as medidas e incentivos... Máis información
- Emigración abre o prazo de solicitude das 200 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior para atraer aos mellores expedientes universitarios 03.02.2021 audio O DOG publica hoxe a nova liña de axudas que estará aberta ata o 30 de abril. Na nova convocatoria aumentarase o número de bolsas ata chegar ás 200 de cara a incentivar a que os galegos e galegas do exterior de alta cualificación fixen a súa residencia e a súa actividade laboral na comunidade autónoma. As bolsas sufragan viaxe, matrícula,... Máis información
- A Xunta convoca os cursos de galego preparatorios das probas Celga 2021 con máis de 1000 prazas en liña e presenciais 03.02.2021 audio Reserva a modalidade presencial para as aulas do Celga 3 e Celga 4, mentres que a en liña prepara os catro niveis que se poden acreditar mediante exame oficial. A presentación de solicitudes estará aberta desde mañá ata o vindeiro 24 de febreiro e os cursos darán comezo o 15 de marzo cunha carga lectiva de 70 horas. A Xunta de Galicia, por medio... Máis información
Páxinas |








