Novas
Buscador
- Emigración destina á Casa de Galicia de Montevideo 50.000 euros para a atención médica e farmacéutica a galegas e galegos residentes na capital uruguaia 08.04.2021 audio O secretario xeral da Emigración mantivo hoxe unha videoconferencia co presidente esta entidade, Alberto Iglesias Rodríguez. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia co presidente da Casa de Galicia de Montevideo, Alberto Iglesias Rodríguez, na que se lle trasladou o compromiso... Máis información
- A Xunta participa na presentación do programa formativo ‘Cultura galega e emigración’ organizado por FUNDEHSGA 07.04.2021 audio O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron na videorreunión de presentación da iniciativa. Os tres cursos, que se desenvolven telematicamente, teñen como obxectivo abordar o mapeado cultural galego na emigración con todo o que este lles achegou tanto aos países de acollida... Máis información
- O certame literario “Letras con Morriña”, organizado polo Centro Lalín, Agolada e Silleda, declarado de interese cultural da Cidade de Bos Aires 07.04.2021 audio A Lexislatura Porteña recoñeceu este concurso que ten como obxectivo preservar o acervo cultural e os valores transmitidos pola colectividade galega radicada na Arxentina. O certame literario “Letras con Morriña”, organizado polo Centro Lalín, Agolada e Silleda, acaba de ser declarado de Interese Cultural da Cidade de Bos Aires. A Lexislatura... Máis información
- As e os emigrantes galegos retornados poderán solicitar dende hoxe as axudas ao alugueiro para minimizar o impacto da covid 07.04.2021 audio Este programa foi creado o ano pasado e estará dotado para este exercicio de 2 M€. As persoas que resulten beneficiarias recibirán unha subvención de ata 500 € mensuais durante un máximo de seis meses consecutivos. Tendo en conta a experiencia adquirida o ano pasado e a complexidade desta liña de axudas, introdúcense unha serie de cambios co fin... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Seoane presentan “Fardel de eisilado” 06.04.2021 audio Fardel de eisilado foi un dos libros máis queridos por Luis Seoane (Bos Aires, 1910 - A Coruña, 1979). Concibiuno como un libro de debuxos con textos e acabou sendo un dos poemarios que inauguraron a poesía socialrealista na literatura galega. A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez; o secretario xeral da Emigración,... Máis información
- A Xunta impulsará unha oferta de 16 másteres de FP a partir do próximo curso que mellorará e especializará ás tituladas e titulados e á que poderán optar as e os emigrantes retornados 06.04.2021 audio Videoxogos, intelixencia artificial, ‘big data’ ou ciberseguridade son algunhas das ramas que se buscan introducir no ensino da nosa Comunidade. O obxectivo, no marco da futura Estratexia Galega de FP, é promover a excelencia destas ensinanzas e propiciar unha maior relación co mundo empresarial. Estes cursos de especialización facilitarán a... Máis información
- Emigración destina ao Centro de Día do Centro Gallego de Mar del Plata 15.000 euros para a atención social a galegas e galegos residentes nesta cidade arxentina 05.04.2021 audio O secretario xeral da Emigración mantivo hoxe unha videoconferencia coa presidenta desta entidade, María Fernanda Vidal Rodríguez, e o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantiveron hoxe unha reunión por... Máis información
- A Xunta mobilizará preto de 10 millóns de euros a través de catro liñas de axudas a particulares para o pago do alugueiro, das que se poden beneficiar as e os emigrantes retornados 05.04.2021 audio A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abriu a orde de subvencións ao alugamento dotada con 2,27 millóns de euros. Mañá, 6 de abril, está previsto que se convoquen tamén as axudas ao arrendamento dirixidas a persoas en situación de especial vulnerabilidade pola covid. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de... Máis información
- Miranda agradece á Federación de Sociedades Gallegas de Cuba a súa colaboración na xestión das máis de 5.800 axudas económicas individuais presentadas 04.04.2021 audio O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión telemática con Sergio Toledo Bueno, presidente desta entidade. Tamén agradeceu a labor das e dos 12 coordinadores nas diferentes provincias que permitiu achegar estas axudas aos galegos e galegas de toda a illa. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas... Máis información
- Emigración informa a máis de 220 universitarias e universitarios galegos do exterior sobre as bolsas de excelencia BEME para cursar mestrados nas tres universidades de Galicia 03.04.2021 audio O secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu tres sesións on line para informar ás e aos interesados nestas bolsas de América e Europa. Na nova convocatoria, que está aberta ata o 30 de abril, aumentase o número de bolsas ata chegar ás 200 de cara a incentivar a que os galegos e galegas do exterior de alta cualificación fixen a súa... Máis información
Páxinas |









