Novas
Buscador
- Feijóo refírese a Carlos Núñez como a proba de que “o mundo sempre foi a casa dos galegos” 02.06.2012 audio “Temos ideas, temos cultura, temos capacidades e destrezas. Os aplausos que recibe Calos Núñez en Xapón, en México, en Francia, en Alemaña, son a demostración de que o noso interesa”, di. O responsable do Goberno galego presidiu, onte á noite, en Vigo o acto de entrega do “II Premio á Excelencia Rotary Club de Vigo”. Afirma que o músico galego... Máis información
- Un galego gaña o segundo concurso de carteis para o festival de cine Amal 01.06.2012 audio O festival internacional de cine euroárabe, celébrase anualmente en Santiago de Compostela. Un deseñador galego gañou a segunda edición do concurso de carteis convocada polos organizadores do festival internacional de cine euroárabe Amal, que se celebra anualmente en Santiago de Compostela, segundo informaron os convocantes desa iniciativa. O... Máis información
- Camba asina en Venezuela catro convenios para a mellora das condicións das emigrantes e dos emigrantes galegos máis desfavorecidos 31.05.2012 audio Trátase de acordos para atención socioasistencial destinados fundamentalmente a persoas maiores que quedaron sen a cobertura médica máis básica. A dotación global da Xunta para diversas accións desenvolvidas polas entidades da diáspora ascende a cen mil euros. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, ven de asinar en Caracas tres... Máis información
- O Secretario Xeral da Emigración asinará catro convenios de asistencia socioasistencial en Venezuela 30.05.2012 audio O secretario xeral da Emigración visitará Caracas e Valencia. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, asinará en Venezuela catro convenios para cubrir as necesidades socioasistenciales das galegas e os galegos en Venezuela. O xoves, día 31, a partir das 19,30 horas na Hermandad Gallega de Caracas, o responsable de Emigración da Xunta... Máis información
- Comeza a segunda edición do concurso escolar “Un mundo de cor”, co que a Xunta promove a diversidade sociocultural 29.05.2012 audio A esta iniciativa, posta en marcha pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, presentáronse o ano pasado máis de 300 obras. O alumnado pode presentar traballos en calquera tamaño, soporte e material. A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de... Máis información
- Igualdade destina 345.000 euros a axudas de pagamento único e indemnizacións a vítimas de violencia de xénero 28.05.2012 audio O DOG publica hoxe a resolución da convocatoria anual, en réxime de concorrencia non competitiva. Esta contía engádese ao presuposto de 2,4 millóns para axudas de pagamento periódico, publicadas o pasado mes marzo. O DOG publica hoxe a Resolución da convocatoria de dúas liñas de axudas para vítimas de violencia de xénero, na modalidade pagamento... Máis información
- O 67% dos Centros de Información á Muller de Galicia incorporan xa o servizo de atención multilingüe en 51 idiomas 26.05.2012 audio O CIM de Lalín é o último en adherirse á plataforma de teletradución, ao abeiro do convenio asinado este xoves pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o alcalde, Xosé Crespo. Os Centros de Información á Muller que aínda non incorporaron o servizo, poden solicitalo na Secretaría Xeral da Igualdade. O 67% dos Centros de... Máis información
- Feijóo ve a alianza estratéxica con Pemex “unha das mellores noticias de economía e emprego dos últimos tempos” e concreta que suporá máis de 2,6 millóns de horas de traballo para o naval 25.05.2012 audio O responsable do Goberno galego e o director xeral de Pemex, Juan José Suárez Coppel, asinaron na tarde de onte o acordo de colaboración entre Petróleos Mexicanos e a Xunta de Galicia. Salienta que a posibilidade de que o Porto Exterior de Punta Langosteira poda converterse en base loxística da petroleira permite revitalizar o papel de Galicia... Máis información
- A poetisa que nunca esqueceu Beneso 24.05.2012 audio Qué foi do legado de Áurea Lorenzo Abeijón. Emigrou con 18 anos e só volveu no 1975; a súa familia garda o recordo inmaterial. Nas derradeiras cartas que Áurea Lorenzo Abeijón (Beneso, Porto do Son, 1905 - Bos Aires, 1995) lle enviaba dende América á súa irmá Enriqueta, dicíalle que, cada día, pensaba en volver a Galicia. A ese lugar que lle... Máis información
- O Día de Galicia en Londres celebrarase o 24 de xuño 23.05.2012 audio Unha misa, unha multidinaria comida ou a actuación dunha charanga chegada de Verín, entre os actos convocados para ese día. Se o ano pasado a colectividade galega tivo que mobilizarse para que a dirección de Instituto Vicente Cañada Blanch (dependente da rede de centros que o Ministerio de Educación posúe no exterior), lles deixase celebrar nas... Máis información
Páxinas |









