Feijóo refírese a Carlos Núñez como a proba de que “o mundo sempre foi a casa dos galegos”

“Temos ideas, temos cultura, temos capacidades e destrezas. Os aplausos que recibe Calos Núñez en Xapón, en México, en Francia, en Alemaña, son a demostración de que o noso interesa”, di.

O responsable do Goberno galego presidiu, onte á noite, en Vigo o acto de entrega do “II Premio á Excelencia Rotary Club de Vigo”.

Afirma que o músico galego ensínanos que o noso país pode ensancharse mediante a cultura. “Grazas a el podemos contemplar a nosa terra como o centro dunha encrucillada de identidades na que se atopan o vello e o novo, o tradicional e o moderno, o ancestral europeísmo dos celtas e o impulso que chega desde o outro lado do mar”.

Sostén que hai unha globalización enriquecedora da que somos pioneiros. “Nela, -asevera- as culturas non se disolven, senón que se suman para transformarse nunha realidade nova”.

Listen to this page using ReadSpeaker
2 de xuño de 2012.

Foto: Alexandre MoulardO presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse, na noite de onte, durante o acto de entrega do “II Premio á Excelencia Rotary Club de Vigo”, a Carlos Núñez como a proba de que “o mundo sempre foi a casa dos galegos e teno que seguir sendo”. “Temos ideas, temos cultura, temos capacidades e destrezas. Os aplausos que recibe Calos Núñez en Xapón, en México, en Francia, en Alemaña, son a demostración de que o noso interesa”, engadiu.

Durante o acto, Feijóo salientou que o músico, onte distinguido co premio á excelencia, axúdanos a entender o mundo cunha visión galega, e a entender Galicia cunha visión universal. “Ensínanos que o noso país pode ensancharse mediante a cultura. Grazas a el podemos contemplar a nosa terra como o centro dunha encrucillada de identidades na que se atopan o vello e o novo,o tradicional e o moderno, o ancestral europeísmo dos celtas e o impulso que chega desde o outro lado do mar”, dixo. O presidente da Xunta afirmou que hai unha globalización enriquecedora da que somos pioneiros. “Nela, -aseverou- as culturas non se disolven, senón que se suman para transformarse nunha realidade nova”.

Feijóo concluíu a súa intervención lembrando un pensamento de Carlos Núñez que inspira a súa traxectoria persoal e profesional: ‘Temos que facer do mundo a nosa casa’. “Carlos Núñez síntese instalado no mundo porque desde as súas primeiras experiencias, sabe que as fronteiras son un artificio, e a cultura unha patria común na que todos poden convivir e entenderse”.

 

Foto: www.carlos-nuñez.com

1013 lecturas