Novas
Buscador
- O Centro Gallego de Móstoles celebrou un concurso de tortillas no que se promocionaba a pataca galega 27.03.2014 audio A entidade galega da populosa cidade do suroeste de Madrid (fundada en 1997) organizou, tamén, unha visita ao Museo de la Ciencia y Tecnología da capital de España. O Centro Gallego de Móstoles organizou, o pasado 15 de marzo, un concurso culinario co obxecto de potenciar a cociña caseira, utilizando ingredientes de orixe galega. O único... Máis información
- Feijóo dá en nome de Galicia o último adeus ao “gran presidente da democracia” e salienta o seu inmenso labor a España 26.03.2014 audio Refírese ao ex-presidente como “un dos mellores españois que deu o século XX e, probablemente, un dos mellores políticos da UE durante a época que lle tocou vivir”. Resalta tamén as mostras de cariño e de apoio expresadas polas miles de persoas que se achegaron á capela ardente do ex-presidente; “unha confirmación –di- de que a xente segue... Máis información
- O CCG compila tres obras de Xosé Neira Vilas no volume “Galicia en Cuba” 25.03.2014 audio A obra pode descargarse en formato pdf no portal web www.consellodacultura.org do Consello da Cultura Galega. O Consello da Cultura Galega (CCG) presentou esta mañá a publicación Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas. “É unha obra orixinal que recolle tres obras anteriores de Xosé Neira Vilas pero que constitúe nunha nova publicación revisada... Máis información
- ARTIGO DO PRESIDENTE DA XUNTA SOBRE A FIGURA DE ADOLFO SUÁREZ 24.03.2014 audio Cando Adolfo Suárez toma as rendas da transición, estaba aínda vixente a terrible advertencia que Antonio Machado facía ao "españolito" que viña ao mundo. "Unha das dúas Españas xearache o corazón", dicía o poeta. Non parecía haber máis alternativa que afiliarse a un dos bandos fratricidas, ou perecer vítima deles, como lle sucedeu por certo ao... Máis información
- Feijóo transmite o pesar e a tristeza de todo o pobo galego polo falecemento de Adolfo Suárez, “un presidente que está xa na historia de España e na memoria e no corazón de todos os españois” 24.03.2014 audio “Da súa man, os españois aprendemos a entendernos, a comprendernos e a camiñar xuntos”, subliña Feijóo. “Con Adolfo Suárez España deixa de ser no mundo sinónimo de conflito ou ditadura, para servir de exemplo a moitos pobos que desexan vivir en democracia”, asevera. Destaca que “Suárez uniu a súa integridade persoal e unha grandeza que se fixo... Máis información
- Hernández e Miranda comparten esta fin de semana a celebración da colectividade galega en Zúrich 23.03.2014 audio O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e mailo secretario xeral da Emigración participan na celebración do aniversario de ‘As Xeitosiñas’. Ademais, Miranda visitará os centros galegos de Zug e Olten. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e mailo secretario xeral da Emigración,... Máis información
- Dos 22.300 novos galegos e galegas do exterior en 2013, unicamente 3.662, o 16%, estaban antes inscritos en Galicia 21.03.2014 audio O aumento no número de galegos e galegas no exterior non debe identificarse co número de persoas que emigran, pois moitas e moitos dos primeiros nunca residiron en Galicia, do que dá proba que Arxentina, Cuba, Brasil e Venezuela son os países con maior aumento de cidadás e cidadáns galegos residentes durante o ano 2013. A adquisición de... Máis información
- O presidente da Casa Galega de Castela - A Mancha visita a Secretaría Xeral da Emigración 21.03.2014 audio Francisco Fernández Lista, presidente da Casa Galega de Castela – A Mancha (con sede en Albacete, e que foi fundada no ano 1995), visitou en datas recentes a Secretaría Xeral da Emigración, para informar das actividades da súa comunidade e fornecer as ligazóns co departamento da Xunta encargado das relacións coa diáspora. En ausencia do... Máis información
- Feijóo e o ministro de Exteriores de Panamá abren a posibilidade de que as pemes galegas se instalen neste país para poder incrementar a súa capacidade exportadora no continente americano 20.03.2014 audio O presidente da Xunta reuniuse co ministro de Relacións Exteriores de Panamá, Francisco Álvarez de Soto. Na xuntanza plantexáronse “todas as facilidades para que a pequena empresa galega se implante aquí con visados e con rapidez nas autorizacións gobernamentais e, polo tanto, esta é unha oportunidade cun gran hub que neste momento xa constitúe... Máis información
- Feijóo confirma que Galicia segue a ser unha das comunidades máis solventes e máis seguras ao cumprir o déficit público no ano 2013 por debaixo do tope máximo autorizado polo Goberno de España 20.03.2014 audio Valora que Galicia acabe de confirmar que o déficit público do ano 2013 sexa do 1,1%, cando o obxectivo era do 1,2%; e agradece a todas as empregadas e todos os empregados públicos o seu traballo así como ao Goberno “a súa disposición, o seu empeño e os resultados”. Subliña que un déficit público do 1,1% -por debaixo do réxime do déficit público... Máis información
Páxinas |







