Novas
Buscador
- A Xunta habilita 32,2M€ para que as nenas e nenos nados en 2022 teñan acceso á Tarxeta Benvida, da que se poden beneficiar tamén as e os galegos retornados 27.12.2021 audio Dende que se puxo en marcha en 2016, esta prestación contou cun orzamento acumulado de 127 millóns de euros. Ata o de agora unhas 78.000 familias beneficiáronse desta axuda de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida da ou do cativo. O Consello da Xunta habilitou un investimento de 32,2 millóns de euros para que as nenas e nenos nados no... Máis información
- Emigración homenaxea ás e aos participantes no programa “Reencontros co Xacobeo” 26.12.2021 audio A Secretaría Xeral da Emigración publica un vídeo homenaxeando ás e aos participantes no programa “Reencontros co Xacobeo” que se desenvolveu en outubro deste ano e no que participaron galegas e galegos de máis de 65 anos vinculados aos centros do exterior en España e Europa. Durante unha semana percorreron varios quilómetros da Vía da Prata e... Máis información
- O persoal da Secretaría Xeral da Emigración felicita as festas a tódolos galegos e galegas do exterior 25.12.2021 audio O persoal da Secretaría Xeral da Emigración, co secretario xeral á fronte, Antonio Rodríguez Miranda, felicita a través dun vídeo as festas de Nadal e Aninovo a tódalas e tódolos galegos do exterior, utilizando unha pelota na que se representa o planeta para recordarlles a todos aqueles e aquelas que viven fóra da nosa comunidade autónoma que... Máis información
- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, felicita o Nadal ás galegas e galegos do exterior 24.12.2021 audio O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, felicita, a través das redes sociais da Secretaría Xeral da Emigración, as festas de Nadal ás galegas e galegos que viven en todos os recunchos do mundo, desexándolles paz, prosperidade e saúde, e recordándolles que a Xunta continuará a traballar para apoialos e acompañalos alá onde se... Máis información
- A Xunta reforza as axudas ao retorno con máis de medio millón de euros co obxectivo de atender a un maior número de galegas e galegos na súa volta a Galicia 23.12.2021 audio A Secretaría Xeral da Emigración reforza as axudas extraordinarias para galegas e galegos retornados en 258.000 euros. Tamén aumenta a partida para as e os retornados emprendedores, con 300.000 euros máis. En total, en 2021 destináronse así 4 millóns de euros a estas dúas liñas. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación da dotación... Máis información
- O programa Emega para mulleres emprendedoras, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna, contará en 2022 con 4,2M€ 22.12.2021 audio Trátase do maior orzamento da súa historia. Este programa, ao que se poden acoller as mulleres galegas retornadas, aposta polo emprendemento feminino. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou onte que o programa Emega, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna, contará o próximo ano co orzamento maior dos seus 25 anos de... Máis información
- Galicia facilita que un equipo indíxena de fútbol da provincia de Misiones, na Arxentina, poida contar cun novo equipamento 21.12.2021 audio A Secretaría Xeral da Emigación colaborou co C.D. Seixalbo de Ourense para facilitar o envío deste material. O equipo indíxena Tekoa Peruti da provincia arxentina de Misiones acaba de estrear, o pasado 18 de decembro, o material deportivo e de xogo doado polo clube deportivo Seixalbo de Ourense co obxectivo de que as xogadoras, a pesar dos seus... Máis información
- A Consellería do Mar convoca 180 prazas para tres novos cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade “on line”, na que poden inscribirse as e os galegos retornados 21.12.2021 audio Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería do Mar e o período de prematrícula está aberto ata ás 15 horas do próximo 29 de decembro. Ofértanse 60 prazas por centro, a formación será entre o 1 de febreiro e o 18 de marzo de 2022 e a súa duración é de 50 horas. A Consellería do Mar... Máis información
- O 82% das e dos emprendedores retornados apoiados pola Xunta teñen experiencia no sector no que invisten 20.12.2021 audio A maiores, o 71 por cento dos beneficiados e beneficiadas polas Axudas ao Retorno Emprendedor posúen formación específica na materia na que emprenden. O impacto dos investimentos en Galicia dos 500 proxectos empresariais postos en marcha grazas ao apoio económico da Xunta foi superior aos 25 millóns de euros. O balance da Estratexia Galicia... Máis información
- Emigración participa no acto de entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega no concello de Ramirás 19.12.2021 audio O subdirector xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Casas, acompañou ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, no acto de entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega que tivo lugar onte no polideportivo O Picouto do concello ourensán de Ramirás. Nesta gala fíxose... Máis información
Páxinas |









