Novas
Buscador
- A delegada da Xunta no Uruguai recorda na ofrenda floral ante o monumento de Rosalía de Castro que Galicia leva anos traballando pola promoción da igualdade 15.03.2024 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domíngez, participou na ofrenda floral ante o monumento de Rosalía de Castro, figura icónica da literatura galega e símbolo da loita feminina no marco do Día Internacional da Muller. A Xunta de Galicia leva anos traballando pola promoción da igualdade. Nos últimos tempos puxo en marcha medidas pioneiras para... Máis información
- Inaugurada en Vigo a exposición "As xeracións do Montserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido" como homenaxe ao sacrificio e esperanza das e dos emigrantes galegos (1960-1974) no Reino Unido 14.03.2024 audio A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, xunto o secretario territorial da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo, Fernando González Abeijón, e representantes do Concello de Vigo asistiron á inauguración na Casa das Artes de Vigo da exposición As xeracións do Monserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino... Máis información
- A delegada da Xunta no Uruguai participa na Romaría do Centro Gallego de Montevideo onde a cultura galega estivo moi presente 13.03.2024 audio Elvira Domínguez, delegada da Xunta de Galicia, participou na Romaría do Centro Gallego de Montevideo, que se celebrou cun éxito rotundo, reunindo preto de 3000 asistentes nun día cheo de actividades. Unha gran multitude de persoas achegouse ao Centro ao longo de toda a xornada para poder gozar das delicias da gastronomía típica galega, ademais... Máis información
- O delegado da Xunta en Bos Aires en funcións asiste á entrega das distincións ‘A Barca de Sálvora’ a destacadas mulleres da colectividade galega no 2024 e lembra que o Goberno galego leva anos traballando pola promoción da igualdade 12.03.2024 audio O acto tivo lugar no Centro Gallego de Avellaneda ante preto de 150 persoas. A Xunta de Galicia puxo nos últimos tempos en marcha medidas pioneiras para protexer os dereitos das mulleres, das nenas e dos colectivos LGBTI. O Centro Gallego de Avellaneda concedeu esta pasada fin de semana as distincións ‘A Barca de Sálvora’, coas que a institución... Máis información
- O prazo de solicitude do programa Escolas Abertas remata este martes, 12 de marzo 11.03.2024 audio Este programa desenvolverase en Galicia do 6 ao 16 de xullo e ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais ou cociña galega. Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no... Máis información
- A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana A Fonsagrada, Redondela, Ribadavia e Pontedeume 10.03.2024 audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de... Máis información
- A Xunta de Galicia impulsa o Carné Xove Exterior entre a mocidade galega en Uruguai 09.03.2024 audio A expansión do Carné Xove Exterior para incluír ás mozas e mozos galegos na diáspora é un paso adiante cara á igualdade de oportunidades, permitindo que a mocidade no exterior goce das mesmas vantaxes en comercios, transporte, cine, museos ou librarías. Elvira Domínguez, delegada da Xunta no Uruguai, xunto con Martín R. Caridad, presidente da... Máis información
- Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller 08.03.2024 audio O 8 de marzo é desde hai máis dun século o día para visibilizar e celebrar os avances conseguidos na loita polos dereitos das mulleres. A igualdade debe ser reivindicada os 365 días do ano, pero o Día Internacional da Muller é a xornada por excelencia para conmemorar os logros conseguidos en materia de igualdade en todas as esferas sociais. Un... Máis información
- O Arquivo de Galicia convida a reflexionar sobre a dobre condición de muller e migrante a través de 56 documentos 08.03.2024 audio O director xeral de Cultura inaugura a exposición ‘Fillas de Galicia. Mulleres na emigración’, que analiza os roles de xénero a partir dos fondos da Casa de Galicia de Montevideo e a Asociación O Penedo de Barcelona. A mostra organízase con motivo do 8M, cita que conmemora tamén o Arquivo do Reino de Galicia co traballo ‘Mª del Milagro Rey Hombre... Máis información
- O Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega de Montevideo acolle a presentación dun libro sobre a experiencia dun pai e a súa filla percorrendo o Camiño de Santiago 06.03.2024 audio O Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega acolleu a presentación do libro Nuestro Camino a Santiago, un relato conmovedor dunha viaxe pai-filla a un dos destinos de peregrinación máis venerados do mundo, o Camiño de Santiago. Este evento foi presentado pola presidenta da Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago (AUACS), destacando o... Máis información
Páxinas |









