Novas
Buscador
- Un novo dicionario en liña propón un modelo de pronuncia estándar para 60.000 formas do léxico común galego 29.08.2011 audio A Secretaría Xeral de Política Lingüística contribuíu á realización deste recurso, que se basea no Dicionario de pronuncia da lingua galega, de Xosé Luís Regueira, editado pola RAG en 2010. Ademais da transcrición fonética que se ofrece nesta publicación, o dicionario en liña permite escoitar a pronuncia das palabras. Esta ferramenta busca... Máis información
-
Un galego e unha galega de Montevideo recibiron os premios «Vixía» da diáspora
29.08.2011
audio
Roxelio Martínez e Balbina Barreira son dous galegos residentes na cidade uruguaia de Montevideo que grazas á súa loita polos dereitos dos emigrantes recibiron este verán o premio Vixía da diáspora que recoñece o seu labor no mantemento da memoria do patrimonio cultural. Roxelio Martínez Barreiro (Cesantes, Redondela, 1923) embarcou cara a Bos... Máis información
-
Clausurada a XV edición do Curso de Verán na Sociedad Monterroso de La Habana
28.08.2011
audio
A XV edición do Curso de Verán da Escola de Danza da Sociedad Monterroso y Antas de Ulla chegou á súa fin cunha gala de clausura dedicada ao directivo da sociedade recentemente falecido, Víctor Manuel Cagigal. O Teatro Mariana Grajales foi o escenario desta festa dirixido polo profesor René Dellunde. O espectáculo desenvolveu un percorrido polos... Máis información
-
Festa de San Roque e Os Caneiros no Centro Betanzos de Bos Aires
27.08.2011
audio
O próximo domingo 28 de agosto o Centro Betanzos de Bos Aires acollerá o Gran Xantar para celebrar a festividade de San Roque e Os Caneiros no Salón Centro Lalín ás 13.00 horas. O centro, fundado o 5 de decembro de 1905, está declarado sitio de Interese Cultural e en 2009 recibiu a Medalla de Ouro da Emigración. Con motivo do Gran Xantar, a... Máis información
-
A economía galega medrou un 0,2% no segundo trimestre
26.08.2011
audio
O PIB autonómico acumula cinco trimestres consecutivos con taxas interanuais positivas. O crecemento interanual do sector servizos sitúase no 1,7%. O índice de confianza do consumidor mellora 3 puntos respecto ao trimestre anterior. A economía galega medrou un 0,2% no segundo trimestre do ano 2011 en relación ao primeiro, segundo os datos... Máis información
-
O legado de Ramón Piñeiro a prol da lingua e da cultura galegas segue vivo vinte e un anos despois do seu pasamento
26.08.2011
audio
O intelectual, do que mañá se cumpre o vixésimo primeiro cabodano, traballou pola dignificación social do galego e pola recuperación da cultura de Galicia. Con estes obxectivos promoveu algunhas das empresas culturais máis senlleiras da segunda metade do século XX, como a Editorial Galaxia e a revista Grial. O centro que leva o seu nome realiza na... Máis información
-
Igualdade participará nunha investigación internacional sobre os dereitos das mulleres emigrantes vítimas de trata
25.08.2011
audio
A iniciativa forma parte do proxecto internacional Itíneris, a cuxa posta en marcha asiste en Viena a secretaria xeral de Igualdade, Marta González. A participación neste proxecto resulta de gran interese para Galicia, tendo en conta que Brasil encabeza os países de orixe das mulleres que exercen a prostitución na comunidade autónoma. A... Máis información
-
Encontro Coral na Federación
24.08.2011
audio
Festexando o 90º aniversario, o próximo sábado 27, dende as 17,30 h. A Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, no marco das múltiples actividades culturais programadas polas celebracións do seu 90º aniversario, invita a comunidade a participar do Encontro Coral que se desenvolverá o próximo sábado 27 de agosto, dende as 17,... Máis información
-
A secretaria da Igualdade participa en Viena no programa internacional Itineris, contra a trata e a prostitución
23.08.2011
audio
A xuntanza terá lugar os días 24 e 25 de agosto e reunirá aos tres países socios do programa, Brasil, Portugal e Galicia. A participación no proxecto Itíneris resulta de gran interese para Galicia, tendo en conta que Brasil encabeza os países de orixe das mulleres que exercen a prostitución na comunidade autónoma. A secretaria xeral da Igualdade... Máis información
-
O Centro Lalín, Silleda y Agolada de Bos Aires celebra o seu 29º aniversario
23.08.2011
audio
Case trinta anos pasaron dende a creación no verán de 1982 da unión dos centros municipais de Lalín, Silleda e Agorada de Bos Aires nunha única entidade. O centro, aglutinou no seu momento Hijos del Partido de Lalín, Unión del Partido de Lalín, Hijos de Silleda e Hijos de Agolada y sus contornos. A sociedade que preside o lalinense Marcial... Máis información
Páxinas |
