Novas
Buscador
- Exposición sobre a emigración e o asociacionismo galego na Casa de Cultura de Elgoibar 19.06.2013 audio Tras percorrer distintas cidades de España, Europa e América, "Nós mesmos: Asociacionismo galego na emigración" inaugúrase hoxe na vila guipuscoana, onde permanecerá aberta ao público ata o 29 deste mes. A mostra, realizada polo Consello da Cultura Galega a través do seu Arquivo da Emigración Galega, contou coa colaboración da Secretaría... Máis información
- O Centro Galego de Lleida celebrou, un ano máis, o Día das Letras Galegas 18.06.2013 audio Unha conferencia sobre Roberto Vidal Bolaño, a actuación da Coral Cengallei da entidade galega na cidade catalana e unha cea de Irmandade centraron os actos conmemorativos deste ano. O pasado sábado 15 de Xuño o Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia) celebrou o Día das Letras Galegas 2013, que neste ano conmemora tamén o 150º Aniversario da... Máis información
- Chegan as cen primeiras persoas participantes na edición 2013 do programa “Reencontros na Casa” 17.06.2013 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, achegarase recibir un segundo continxente o vindeiro mércores. A iniciativa forma parte da aposta do Goberno galego por manter o investimento en políticas sociais que beneficien directamente á cidadanía. As e os cen primeiros participantes da edición deste ano do programa “Reencontros... Máis información
- A Xunta valora a aprobación do dominio puntoGal como un logro histórico para a proxección da lingua e a cultura galegas 17.06.2013 audio O Goberno galego felicita a todas as institucións e cidadáns e cidadás que avalaron esta iniciativa, liderada pola Asociación PuntoGal. A Administración autonómica vén apoiando institucional e financeiramente a candidatura desde os seus inicios cunha achega de 490.000 euros nos últimos seis anos. O ICANN, o organismo internacional que goberna as... Máis información
- O conselleiro de Economía subliña no Centro Galego do Perú o “espírito emprendedor” das galegas e os galegos emigrados ao país andino 16.06.2013 audio Francisco Conde rematou a súa viaxe a Perú reuníndose coa asociación, que impulsa numerosas iniciativas entre a comunidade de galegos e galegas do país. O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, rematou a súa viaxe a Perú, que está a ter un marcado carácter empresarial, reuníndose coas e cos membros do Centro Galego do Perú, unha... Máis información
- Na procura dun lugar de honra para o galego nos EE.UU. 16.06.2013 audio Arredor de 300 sinaturas apoian a proposta para que os estudos galegos conten cunha sección propia e un grupo de debate na Modern Language Association. Profesorado, catedráticos, decanos, e mesmo reitores de universidades como Berkeley, Yale ou Columbia, enviaron o seu apoio. O galego pode ter presenza nun dos órganos de maior prestixio... Máis información
- Conde subliña as importantes oportunidades que ofrece Perú para as empresas galegas en sectores como o naval, a metalmecánica ou a construción 15.06.2013 audio O conselleiro de Economía e Industria mantivo un encontro co embaixador de España en Lima, Juan Carlos Sánchez, no que avaliaron as diferentes posibilidades de crecemento para o empresariado galego no país andino. Conde subliña a importante vantaxe competitiva que supón a innovación e a alta capacidade tecnolóxica das compañías galegas para entrar... Máis información
- Conde sinala que as empresas galegas están “nunha magnífica posición” para optar á renovación da flota menor de Pemex 14.06.2013 audio O conselleiro de Economía e Industria mantivo encontros en Mazatlán con Pemex, a Secretaría de Marina e estaleiros galegos e mexicanos que están participando no proceso. Conde salienta a colaboración entre empresas de Galicia e México para presentar unha oferta “competitiva e diferenciadora”. Freire, Valiña e Gabadi teñen desenvolto desde hai... Máis información
- Conde salienta en Lima que as empresarias e os empresarios galegos no exterior son “os auténticos embaixadores da Marca Galicia” 14.06.2013 audio Na súa visita a Perú o conselleiro de Economía e Industria avanza na identificación de novas oportunidades de negocio para as empresas galegas en sectores como o téxtil, a construción, a consultaría, a pesca e a viticultura. Destaca nun encontro con empresarias e empresarios galegos na Cámara Española de Comercio en Perú “o papel clave da... Máis información
- A diáspora en Castela e León centrou o acto de fraternidade anual na homenaxe ao ex presidente da Casa de Galicia de Ponferrada, Eloy Fernández 14.06.2013 audio Tamén participou a Secretaría Xeral da Emigración, cuxo titular, Antonio Rodríguez Miranda, estivo presente no acto. As socias e os socios dos centros galegos de Castela e León celebraron en Valladolid unha merecida homenaxe ao ex presidente da Casa de Galicia de Ponferrada, Eloy Fernández, un referente da diáspora galega na comunidade autónoma... Máis información
Páxinas |









