Novas
Buscador
- A Xunta e o Goberno cubano buscan estreitar as súas relacións para favorecer o intercambio económico en sectores estratéxicos 13.04.2015 audio O vicepresidente galego, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe na Habana co primeiro viceministro de Relacións Exteriores cubano, Marcelino Medina. Rueda entregoulle dous memorandos que explican a ampla experiencia galega en sectores como o agroalimentario, a rehabilitación ou as enerxías renovables. Abordouse a posibilidade de celebrar o vindeiro mes de... Máis información
- A Xunta destaca o seu interese por consolidar a “especial relación de irmandade” entre Galicia e Cuba 13.04.2015 audio O vicepresidente, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuníronse cos presidentes e presidentas das sociedades galegas na Habana. Ambos representantes da Xunta atópanse de viaxe institucional na illa e participaron no festival ‘La Huella de España’, que este ano está dedicado a Galicia. Tamén participaron... Máis información
- A Xunta participa na Habana no festival La Huella de España, que este ano está dedicado a Galicia 11.04.2015 audio O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración estarán na inauguración do evento e manterán encontros coa colectividade galega e con autoridades cubanas. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, realizarán esta fin de semana unha viaxe institucional a Cuba, onde teñen... Máis información
- "Galicia, Pórtico Universal" comeza o seu percorrido de 2015 en Burgos, coincidindo co aniversario do Centro Galego e o Día de Galicia en Castela e León 08.04.2015 audio O presidente do Instituto Municipal de Cultura e o secretario xeral da Emigración da Xunta presentaron esta mañá a iniciativa, que visitará a cidade do 17 ao 19 deste mes. Como experiencia nova, en Burgos contará con Centro de Negocios e a presenza dun dos cociñeiros galegos galardoados coa estrela ‘Michelin’. O secretario xeral da Emigración da... Máis información
- Pilar Rojo agradece a acollida dispensada á colectividade galega na Arxentina, país que viu a emigración como unha "oportunidade" 08.04.2015 audio Foi distinguida como "Hóspede de Honra" do Parlamento da Cidade Autónoma de Buenos Aires. "Os valores democráticos residenciados na institución lexislativa superan e deberán superar sempre as lexítimas diferenzas ideolóxicas". Defende o papel central dos parlamentos como templos da palabra nos que lograr o "entendemento co adversario político, ao... Máis información
- O secretario xeral de Política Lingüística asiste en Bos Aires ao XI Congreso Internacional da AIEG 07.04.2015 audio O encontro congregará na capital arxentina un importante número de galicianistas chegados de todo o mundo. A mostra ‘53 páxinas das nosas letras’ pódese visitar desde hoxe e ata o vindeiro 3 de maio na Sala Luís Seoane do Centro Galicia de Bos Aires. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá no Teatro... Máis información
- Pilar Rojo reivindica en Bos Aires a universalidade da cultura galega 07.04.2015 audio Presidiu a apertura da exposición “53 páxinas das nosas letras” organizada polo Parlamento, a Xunta e a RAG, e trasladada a Bos Aires coincidindo co XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Previamente, Pilar Rojo visitou a Federación de Asociaciones Gallegas. A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo reivindicou en... Máis información
- Miranda asina en Venezuela un acordo para atención social e sanitaria básica a maiores galegos e galegas en risco de exclusión 29.03.2015 audio O acordo, dotado con 50.000 euros, ten por beneficiarios a aqueles paisanos e paisanas en situación máis desfavorecida. O secretario xeral da Emigración mantivo asemade unha reunión co conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España, Juan Santana, para coñecer a situación actual das galegas e galegos que están e estiveron... Máis información
- Emigración renova acordos con entidades de Venezuela para axudar a garantir as condicións de vida das galegas e os galegos máis desfavorecidos 28.03.2015 audio A Xunta destina cada ano 600.000 euros para labores asistencias, sociais e culturais aos 46.000 galegas e galegos que residen na República Bolivariana. Froito da colaboración coas comunidades galegas, Emigración é quen de axudar a familias en situación de precariedade, a dependentes e persoas enfermas graves ou permanentes, a adquirir medicamentos... Máis información
- Miranda renova o acordo co Centro Galego de Mar del Plata para atención de necesidades socioasistenciais básicas a maiores galegas e galegos da zona 27.03.2015 audio O goberno de Bos Aires comunicou oficialmente ante máis de cen representantes da colectividade galega a data do 11 de outubro para a segunda edición do ‘Bos Aires celebra Galicia’. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asinou un convenio de colaboración co Centro Galego de Mar del Plata para contribuír á atención das... Máis información
Páxinas |







