Novas
Buscador
- 'A Esmorga' proxéctase fóra de Galicia, e en galego, na semana das Letras Galegas 15.05.2015 audio O filme dirixido por Ignacio Vilar está xa nas carteleiras de Madrid, Barcelona e Palma de Mallorca e proximamente chegará a máis salas do resto de España. A Esmorga, longametraxe dirixida por Ignacio Vilar baseada na obra homónima de Eduardo Blanco Amor, cumpre a súa primeira semana de proxección nas salas de cine de Madrid (Cines Renoir-... Máis información
- Os dous novos convenios de colaboración asinados por Miranda en Uruguai “plasman que tamén na Galicia exterior a prioridade da Xunta é o investimento social” 12.05.2015 audio O secretario xeral da Emigración, que acompañou á presidenta do Parlamento autonómico na súa visita a esta república sudamericana, participou na inauguración da mostra ’53 páxinas das nosas letras’ en Montevideo. Rodríguez Miranda remata a súa viaxe por Arxentina, Brasil e Uruguai, no que coñeceu a actualidade da diáspora nos tres países, e... Máis información
- Miranda lembra en Sâo Paulo a aposta social dos orzamentos da Xunta para paliar as situacións de maior vulnerabilidade, tamén na Galicia exterior 11.05.2015 audio O secretario xeral visitou na metrópole a Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçâo. “Agora que o peor da crise parece ter pasado, convén salientar o esforzo que tódalas galegas e tódolos galegos temos realizado en favor dos que menos tiñan”, esforzo que a Xunta manterá no futuro, tamén para as persoas residentes no Exterior. O... Máis información
- A Xunta traslada o agradecemento da Galicia territorial á diáspora na localidade brasileira de Santos, que conta cunha especial presenza da colectividade galega 10.05.2015 audio O secretario xeral da Emigración plasma ese recoñecemento na visita á Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro, que traballa no campo da atención social a galegos e galegas de avanzada idade en situación de precariedade. Rodríguez Miranda lembra que se trata dun esforzo orzamentario “que devolve unha parte ínfima do que as e os... Máis información
- Santiago de Compostela será a cidade protagonista da Feira Internacional do Libro de Bos Aires no ano 2016 10.05.2015 audio A capital galega acaba de ser nomeada ‘Cidade Convidada’ na próxima edición deste encontro. O conselleiro de Cultura e Educación agradeceu hoxe en Arxentina este recoñecemento, que é boa proba da relevancia, talento e profesionalidade do sector galego editorial e do libro. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román... Máis información
- Miranda salienta o histórico e presente papel solidario da diáspora na visita á colectividade galega de Sâo Paulo 09.05.2015 audio O secretario xeral gaba o labor que realizan institucións como a ‘Sociedade Beneficente Rosalía de Castro’, que atende a ducias de galegas e galegos no momento vital de maior vulnerabilidade. Na xornada de hoxe, Miranda achégase ata Santos, localidade costeira no que a presenza das colectividades galega e española é especialmente notable. O... Máis información
- Miranda comparte a súa primeira xornada de viaxe cos maiores galegos e galegas residentes no Fogar de Domselaar, unha das institucións máis senlleiras da diáspora en Arxentina 08.05.2015 audio O secretario xeral asina un convenio de colaboración para axudar a garantir as condicións sociais e sanitarias básicas das galegas e galegos de avanzada idade, residentes na capital arxentina, e en situación de precariedade. Os seguintes destinos da viaxe son Brasil e Uruguai, onde Miranda visitará tamén diversas entidades que prestan atención... Máis información
- Miranda visita institucións sociosanitarias de Arxentina, Brasil e Uruguai que atenden fundamentalmente aos galegos e galegas de avanzada idade, moitas e moitos deles en situación de precariedade 07.05.2015 audio Ademais, acompañará á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, na súa visita oficial ao Uruguai. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia hoxe unha nova viaxe ás repúblicas de Arxentina, Brasil e Uruguai, co obxectivo de achegarse a coñecer a actualidade da diáspora nestes tres países e asinar convenios de colaboración... Máis información
- O traballo de colaboración asistencial e social entre as comunidades galegas en Venezuela e a Xunta de Galicia permite paliar as situacións de precariedade entre os 46.900 galegos e galegas residentes 06.05.2015 audio A Secretaría Xeral da Emigración destina 600.000 euros en diversos programas asistenciais e socioculturais nese país, cos que complementa o labor da decena de entidades galegas presentes en Venezuela en favor de toda a colectividade galega, a máis relevante das cales é a ‘Hermandad Gallega’. O titular do departamento, Antonio Rodríguez Miranda,... Máis información
- Miranda visita as comunidades galegas de Troisdorf e Bonn, na xornada previa á celebración do Día de Galicia por parte da Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña 01.05.2015 audio O secretario xeral da Emigración inaugura mañá a área expositiva ‘Galicia, Pórtico Universal’ en Núremberg, coincidindo coa celebración conxunta dos nove centros pertencentes á entidade. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visita hoxe as comunidades galegas de Troisdorf e Bonn, na xornada previa á celebración conxunta do... Máis información
Páxinas |









