Novas
Buscador
- Atender as necesidades asistenciais das e dos maiores galegos residentes no Uruguai, obxectivo do novo convenio asinado entre a Xunta e o ‘Fogar Español’ de Montevideo 27.06.2015 audio O secretario xeral da Emigración asiste ademais na capital charrúa a cadansúa xuntanza do dominio ‘.gal’ e da mocidade participante no ‘Conecta con Galicia’. Remata a súa nova viaxe compartindo a celebración do San Xoán coa diáspora galega no Uruguai. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, rematou a súa nova viaxe a... Máis información
- Miranda gaba a “ilusión e fortaleza” coas que os galegos e as galegas da Arxentina afrontan a segunda edición do ‘Bos Aires celebra Galicia’ 26.06.2015 audio O secretario xeral asistiu á reunión preparatoria do evento, despois de se entrevistar co responsable local de Pluralismo Cultural. Miranda viaxa hoxe ao Uruguai para asinar un novo convenio de colaboración en materia socioasistencial. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta na Arxentina,... Máis información
- A Xunta potencia a súa aposta social coa sinatura dun novo convenio asistencial para a diáspora galega 25.06.2015 audio O secretario xeral da Emigración comeza hoxe unha nova visita Uruguai e Arxentina, países nos que asistirá a diversas reunións de traballo dos ámbitos social e tecnolóxico. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia unha nova viaxe a Arxentina e Uruguai, co obxectivo de asinar un convenio en materia socioasistencial para... Máis información
- Feijóo reivindica o “papel dirixente” das e dos emigrantes galegos na transformación social, económica e cultural da Comunidade 21.06.2015 audio O titular da Xunta presidiu hoxe os actos de celebración do Día de Galicia no Centro Galego de Londres. Recorda que na emigración non soamente naceron os símbolos que nos identifican, “tamén naceu o espírito dunha Galicia gañadora capaz de transformar soños en realidades”. Refírese ás mozas e mozos que hoxe están a desenvolver as súas profesións e... Máis información
- Miranda participou na homenaxe anual a Artigas 19.06.2015 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no Acto Patriótico en Conmemoración do 251 Aniversario do Natalicio do Xeneral José Gervasio Artigas, heroe nacional da República Oriental do Uruguai, homenaxe que tódolos anos se desenvolve por iniciativa do Consulado Xeral deste país en Santiago de Compostela. A carón de... Máis información
- Miranda recibe ás e aos primeiros beneficiarios do programa “Reencontros na Casa”, que neste ano aumenta un 3% o número de prazas 17.06.2015 audio O secretario xeral da Emigración achegouse a saudalas e saudalos persoalmente ata os aeroportos da Coruña e Santiago. A convocatoria no DOG e o prazo de convocatoria adiantáronse respecto de edicións pasadas para que as persoas destinatarias do programa puidesen organizar con tempo os seus desprazamentos. A iniciativa forma parte da aposta do... Máis información
- O Centro Pen enxalza a figura do poeta galego-arxentino Francisco Luis Bernárdez co apoio de Cultura e Educación 16.06.2015 audio O libro ‘Francisco Luis Bernárdez. Poeta de fe, leal a Galicia’ fai un percorrido pola vida e obra do escritor e xornalista a través de material documental e fotográfico, de diversas colaboracións e dunha selección de textos en galego do autor. Anxo Lorenzo cualificou a obra como unha oportunidade para coñecer as distintas facetas de Bernárdez e... Máis información
- Entrevista ao secretario xeral da Emigración no programa 'Es la Mañana en Galicia' 09.06.2015 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, estivo este luns no programa radiofónico Es la Mañana en Galicia de EsRadio, onde falou dos asuntos de actualidade da diáspora galega. - Audio coa entrevista Máis información
- Miranda compartiu a IX Romaría Galega da diáspora residente en Madrid, organizada por FAGAMA 06.06.2015 audio O secretario xeral da Emigración animou ás galegas e aos galegos residentes na capital de España a afondar no camiño da optimización de recursos, e no pulo á proxección de Galicia máis aló do territorio. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou este sábado na IX Romaría Galega da Federación de Asociacións Galegas en... Máis información
- Os secretarios xerais da Emigración e Política Lingüística entrevistáronse co presidente e o vicepresidente da Asociación Caballeros de Santiago de Salvador de Baía 05.06.2015 audio A xuntanza tivo lugar esta mañá nas oficinas de Emigración na capital de Galicia. O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, e de Política Lingüística, Valentín García, entrevistáronse esta mañá na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela con Santiago Coelho e Laureano Ventim,... Máis información
Páxinas |









