Miranda participou na homenaxe anual a Artigas

  • Imaxe do acto celebrado esta mañá en Santiago de Compostela
    Imaxe do acto celebrado esta mañá en Santiago de Compostela

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2015.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no Acto Patriótico en Conmemoración do 251 Aniversario do Natalicio do Xeneral José Gervasio Artigas, heroe nacional da República Oriental do Uruguai, homenaxe que tódolos anos se desenvolve por iniciativa do Consulado Xeral deste país en Santiago de Compostela. A carón de Miranda, na foto, atópase a cónsul xeral, Marta Echarte Baraibar.

Cómpre salientar que o acto tivo precisamente lugar na Praza que leva o nome desa República sudamericana no barrio de Fontiñas da capital galega, un enclave que foi inaugurado en xuño de 2013 polos presidentes galego e uruguaio, Alberto Núñez Feijóo e –o daquela máximo mandatario- José Mujica.

No decurso deste acto anual xuran fidelidade á bandeira as novas e os novos cidadáns da República: feito que só pode ter lugar neste sinalado dia e, no Exterior do país, unicamente en presenza dun embaixador ou embaixadora ou cónsul xeral. Nesta ocasión, foron cinco as persoas, residentes no ámbito xeográfico de actuación do Consulado, que o fixeron.

1020 lecturas