Novas
Buscador
- O Centro Galego de Valencia celebrou as Letras Galegas 2016 no Xardín Botánico da capital do Turia 13.06.2016 audio O Centro Galego de Valencia celebrou este pasado 9 de xuño o Día das Letras Galegas nun marco incomparable: o Umbráculo do Xardín Botánico da cidade de Valencia. Foi un acto emotivo no que se declamaron versos de Manuel María, Rosalía de Castro e de poetas invitados. Doutra banda proxectáronse vídeos sobre versos musicalizados por grupos galegos... Máis información
- O presidente Vivas Lara e Rodríguez Miranda comparten coas comunidades galegas de Ceuta, Andalucía e Estremadura a sétima edición da súa Xuntanza 12.06.2016 audio Nos actos de confraternidade estivo tamén presente o conselleiro de Mocidade, Deporte, Turismo e Festas, Fernando Ramos. A cultura galega estivo presente nas principais rúas da vila a través do coro e grupo de gaitas do Lar Galego de Sevilla. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compartiu en Ceuta coas comunidades galegas... Máis información
- O Centro Galego de Castellón asinou un convenio de cooperación educativa coa Universidade Jaume I 08.06.2016 audio O Centro Galego de Castelló "O Aturuxo" vén de asinar un convenio de cooperación educativa coa Universidade Jaume I de Castelló en materia de prácticas académicas externas. O convenio que subscribiron Rosa Agost Canós, decana da Facultade de Ciencias Humanas e Sociais da UJI, e Xosé Filgueira, presidente da entidade galega na capital... Máis información
- O fomento dunha memoria colectiva galega que poña en valor as achegas desde dentro e fóra do país, aspecto fundamental nas conclusións do relatorio de Cultura do XI Consello de Comunidades 07.06.2016 audio Celebrado no histórico Salón da Federación de Sociedades Galegas do Palacio do Centro Galego da Habana, este relatorio instou a aproveitar as potencialidades, tamén comerciais, do idioma galego. Os relatores foron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e mailo xerente do Consello da Cultura Galega, Marcelino Xulio... Máis información
- O Centro Galego de Rosario está a celebrar o seu 60º aniversario con diversos actos 07.06.2016 audio Froito da unión do extinto Centro Galego (1918-1944) e a 'Asociación de Saviñao y sus contornos' (1944), o actual Centro Galego de Rosario é fundado no ano 1956 por un grupo de trece mozos de orixe galega residentes na cidade rosarina. Ao longo deste 2016 está, pois, a celebrar o seu 60º aniversario cunha intensa axenda de actos sociais e... Máis información
- A implicación da mocidade nas comunidades galegas, factor necesario para que as TICs axuden a superar as barreiras xeográficas e horarias 06.06.2016 audio O relatorio de Tecnoloxía do XI Consello de Comunidades Galegas, que tivo lugar na sede histórica da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, conclúe que a relación entre a diáspora e a Administración, no século XXI, precisa do desenvolvemento das novas ferramentas tecnolóxicas. O relatorio de Tecnoloxía do XI Consello das Comunidades Galegas,... Máis información
- As comunidades galegas marcan como prioridade na política social o mantemento da asistencia a persoas desfavorecidas e maiores 05.06.2016 audio Coinciden coa Xunta na necesidade de preservar e reforzar estes investimentos, como conclusión fundamental no relatorio de Política Social do XI Consello de Comunidades. O relatorio de Política Social do XI Consello de Comunidades Galegas, celebrado na Habana os pasados 27 e 28 de maio, concluíu a necesidade de relanzar os programas no ámbito... Máis información
- As comunidades galegas solicitan a creación dunha Medalla da Galeguidade, pulan por unha maior presenza da mocidade e a muller, e instan a introducir a historia da Emigración nos plans de estudo 04.06.2016 audio Son algunhas das conclusións do relatorio de 'Galeguidade' do XI Consello das Comunidades Galegas. O relatorio de Galeguidade do XI Consello das Comunidades Galegas, celebrado no histórico Palacio do Centro Galego da Habana, instou ao aumento da presenza da mocidade en tódolos órganos de debate, decisión e xestión neste ámbito. Para isto, as... Máis información
- Convocadas as bolsas Ourense Exterior 2016-2017 para a realización de estudos de mestrado no Campus de Ourense da Universidade de Vigo 03.06.2016 audio Dirixidas á cidadanía residente no exterior que queira realizar estudos de mestrado no Campus de Ourense da Universidade de Vigo, o prazo de solicitude remata o 20 de xuño. As persoas beneficiarias terán de balde a matrícula e axudas para gastos de viaxe e aloxamento. Nos criterios de valoración das solicitudes terase en conta o feito de ser... Máis información
- Feijóo agradece a Raúl Castro a cordialidade do pobo cubano e confirma o interese por concretar colaboracións en sectores como o agroalimentario, biotecnolóxico, enerxético e o das TIC 29.05.2016 audio O titular da Xunta reúnese por segunda vez co presidente da República de Cuba. Ambos os dous mandatarios acordan asinar, entre a Xunta, a vicepresidencia económica e nove ministerios cubanos, un memorando que xa está en redacción para concretar as actividades económicas que se poden levar a cabo entre Cuba e Galicia. O titular da Xunta agradece... Máis información
Páxinas |









