Novas
Buscador
- Miranda recibe ao presidente de Cabaleiros de Santiago de Salvador de Baía 09.11.2017 audio O secretario xeral da Emigración agradeceu ao responsable da asociación, Santiago Coelho, que ceda parte da súa sede para a tramitación de axudas individuais a galegas e galegos maiores en Salvador de Baía. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu onte ao presidente da asociación cultural hispano-galega Cabaleiros de... Máis información
- Miranda reúnese co director general de Migraciones para coordinar as políticas no exterior 08.11.2017 audio A xuntanza entre o secretario xeral da Emigración e Ildefonso de la Campa enmárcase na relación continua que manteñen ámbolos dous organismos. Os responsables estatal e galego buscan aunar esforzos, principalmente en países que atravesan unha situación especialmente delicada, como Venezuela . O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
- A Casa da Cultura Galega en Copenhague celebrou o Magosto 08.11.2017 audio Este pasado domingo, 5 do mes de Santos, a Casa da Cultura Galega en Copenhague celebrou, no Verdens Kultur Centret da capital dinamarquesa, un magosto. Houbo degustación de produtos levados desde Galicia (as castañas, viño godello, chourizos e torta de Santiago) e a festa rematou cunha queimada e o seu tradicional conxuro. Fonte e fotos:... Máis información
- Miranda visita as comunidades galegas en Cataluña, e insta a profundar na unidade de esforzos 06.11.2017 audio O secretario xeral da Emigración reúnese con representantes de entidades para poñer ao día a información sobre as vías de colaboración. Estúdanse fórmulas para optimizar esa colaboración para o vindeiro ano 2018, e tamén entre as propias entidades. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe con directivos e... Máis información
- O Centro Galego de México celebrou a terceira edición do seu festival 'Gaitas e máis Gaitas' 26.10.2017 audio O pasado xoves, na súa sede de Colima na capital azteca, o Centro Galego de México celebrou unha nova edición do Festival 'Gaitas e máis Gaitas', que este ano contou coa presenza do músico arousán Cristian Silva, quen estivo acompañado pola Banda de Gaitas do Centro Galego de México, a Banda Masedades, e a Banda Infantil de Gaitas da entidade... Máis información
- O notario Isidoro Calvo Vidal pronunciou en Xenebra unha conferencia sobre o Dereito de sucesións que atinxe a emigrantes 24.10.2017 audio Auspiciada pola Secretaría Xeral da Emigración, Isidoro A. Calvo Vidal pronunciou na Nosa Galiza de Xenebra a conferencia "Dereito de sucesións internacionais vs. Dereito de sucesións español e galego", durante a que disertou sobre as novidades introducidas coa entrada en vigor do Regulamento Nº 650/2012 da Unión Europea sobre o Dereito de... Máis información
- Miranda asistiu ao "Día da Cultura Cubana" que organiza o Consulado Xeral de Cuba en Santiago de Compostela 22.10.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte na capital galega á celebración do "Día da Cultura Cubana", actividade que anualmente organiza o Consulado Xeral de Cuba en Santiago de Compostela. Miranda e persoal do departamento que dirixe acompañaron ao cónsul xeral de Cuba, José Antonio Solana Fernández, nesta xa... Máis información
- A Casa de Galicia en León celebrou o seu 50º aniversario 22.10.2017 audio Lucía Portela Silva, xefa do Servizo de Apoio Técnico e Contratación, representou onte á Secretaria Xeral da Emigración durante a celebración do 50º aniversario da Casa de Galicia en León, efeméride que culminaba as actividades conmemorativas deste medio século de vida. Portela Silva recoñeceu o labor de difusión da cultura e tradicións galegas... Máis información
- O secretario xeral da Emigración entrevistouse co presidente do Club Español de Niteroi 21.10.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu en audiencia na sede do departamento que dirixe en Santiago de Compostela a Joaquim Lopes Días Teixeira, presidente do Club Español de Niteroi (Brasil), quen estivo acompañado pola súa dona, María Consuelo Pérez Lemos. Miranda e Lopes analizaron a actualidade da colectividade... Máis información
- Antonio Rodríguez Miranda entrevistouse con José Gómez Vilacoba, do Centro Galego de Porto Rico 21.10.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, entrevistouse no seu despacho na capital de Galicia con José Gómez Vilacoba, do Centro Galego de Porto Rico. Nado no lugar de Pedrouzos (Ames - A Coruña), Vilacoba presidiu durante moitos anos a única colectividade galega oficialmente constituída na illa. Máis información
Páxinas |









