Novas
Buscador
- Feijóo destaca a oportunidade das Bolsas Mocidade Exterior para que os mozos da diáspora reforcen o vínculo coa Galicia territorial 11.02.2020 audio Traslada o desexo de que as vindeiras convocatorias destas bolsas permitan a un grupo aínda máis numeroso beneficiarse delas. Subliña que Arxentina é o país que máis bolseiros achega, seguido de Venezuela, Brasil, Reino Unido, Uruguai, México, Chile, Cuba, Alemaña, Panamá, Bolivia, Portugal, Costa Rica e Australia. Incide na importancia de seguir... Máis información
- Miranda salienta o traballo a prol do retorno dos galegos do exterior que está a levar a cabo a Asociación de Retornados Ulla-Umia 10.02.2020 audio O secretario xeral da Emigración mantén un encontro co presidente da entidade, Celso Domínguez Búa, e outros membros da xunta directiva. Destaca o importante labor de asesoramento e información que están a desenvolver en colaboración co departamento autonómico. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de manter un encontro... Máis información
- As entidades galegas do exterior poden solicitar desde hoxe apoios para cubrir gastos correntes e propostas de índole cultural e social 07.02.2020 audio A liña conta cun orzamento de máis de 1,1 millóns e estará aberta durante un mes. A Secretaría Xeral da Emigración complementará o programa en vindeiras datas con outro dotado con case 600.000 euros que terá por obxecto achegas para facer fronte a gastos de obras ou de equipamentos. A partir de hoxe, e durante o próximo mes, as entidades galegas... Máis información
- O Celga universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 en liña 06.02.2020 audio O 16 de marzo arrancan os primeiros cursos en liña do Celga 2 que, canda os outros tres niveis de aprendizaxe xa existentes, lle garanten o acceso global á aprendizaxe oficial do galego a calquera cidadá ou cidadán desde calquera parte do mundo. Tal e como anunciara, o Goberno galego completa así a implementación da modalidade de teleformación no... Máis información
- Miranda sitúa a Vigo e a súa área como “epicentro do retorno emprendedor” con máis dun 25% dos negocios postos en marcha no 2019 co programa da Secretaría Xeral 05.02.2020 audio Salienta que esta aposta polo retorno estase a materializar en iniciativas empresariais como a de Mercedes, na procura de facilitar ás beneficiarias e beneficiarios “que poidan ter na súa casa un futuro laboral e unha unidade familiar con garantías”, contribuíndo tamén a solucionar o reto demográfico que ten Galicia. Destaca que a boa acollida do... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración amplía ata o 19 de febreiro o prazo para solicitar as axudas extraordinarias en Venezuela, a Arxentina e O Uruguai 04.02.2020 audio O departamento autonómico destina 2,75 millóns para facer fronte a este pago único, que busca contribuír a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria das familias galegas do exterior con menos recursos. A Secretaría Xeral da Emigración vén de ampliar o prazo para a presentación de solicitudes na Arxentina, O Uruguai e... Máis información
- A Xunta prioriza ás e aos emigrantes retornados na convocatoria de axudas para impulsar o emprendemento, a consolidación, a creación de emprego e a conciliación das e dos autónomos 04.02.2020 audio A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 24,5 M€ a estes apoios que beneficiarán a máis de 7000 autónomas e autónomos e traballadoras e traballadores e arredor de 545 empresas. Entre as iniciativas activadas inclúese a posta en marcha por primeira vez do Bono Nova Oportunidade e o Bono Renova, ambos dotados cun millón de euros, e... Máis información
- A Xunta abre o prazo de dous programas de inserción sociolaboral dos que se beneficiarán máis de 500 persoas en risco ou situación de exclusión, entre as que se inclúen as emigrantes retornadas 03.02.2020 audio A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 3,3M€ á nova iniciativa de inclusión para o emprego e volve convocar os apoios dirixidos ás empresas de inserción laboral. O Goberno galego mantén o seu compromiso coa promoción dun emprego inclusivo en Galicia. A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) dúas ordes de axudas,... Máis información
- Feijóo referenda en Uruguai o compromiso da Xunta coas e cos galegos no exterior e salienta que os programas de atención social chegaron a máis de 30.000 galegas e galegos o ano pasado 01.02.2020 audio Destaca que a Xunta destinou en 2019 un total de 4 millóns: para axudas directas a máis de 8.000 familias; e para a prestación de servizos sociais, a través da colaboración con entidades, chegando a máis de 21.000 galegas e galegos residentes no exterior. Asevera que a firma dos convenios con distintas institucións pon de manifesto que os valores... Máis información
- Feijóo anuncia a extensión do Carné Xove para as mozas e mozos da diáspora, que poderán beneficiarse das súas vantaxes en Galicia, España e Europa 01.02.2020 audio Precisa que poderán acceder a esta tarxeta as mozas e mozos de 12 a 30 anos con nacionalidade española, veciñanza civil galega e que residan fóra de Europa. Reedita o compromiso da Xunta de converter Galicia nunha oportunidade, a través de iniciativas como as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), cuxa cuarta convocatoria, que sairá nas... Máis información
Páxinas |









