A Xunta abre o prazo de dous programas de inserción sociolaboral dos que se beneficiarán máis de 500 persoas en risco ou situación de exclusión, entre as que se inclúen as emigrantes retornadas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 3,3M€ á nova iniciativa de inclusión para o emprego e volve convocar os apoios dirixidos ás empresas de inserción laboral.

O Goberno galego mantén o seu compromiso coa promoción dun emprego inclusivo en Galicia.

A Estratexia Retorna 2020 da Xunta de Galicia está integrada por máis de medio cento de medidas para favorecer a volta das e dos galegos residentes no exterior
A Estratexia Retorna 2020 da Xunta de Galicia está integrada por máis de medio cento de medidas para favorecer a volta das e dos galegos residentes no exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2020.

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) dúas ordes de axudas, enmarcadas na Estratexia de Economía Social, destinadas a favorecer a inserción sociolaboral das persoas en risco ou situación de exclusión.

Por unha parte, está aberto o prazo do novo programa de inclusión para o emprego, dotado con 3M€ co obxectivo de apoiar entre 5 e 10 proxectos integrais de capacitación e inserción laboral de dous anos de duración dos que se poderán beneficiar ata 500 persoas. Está dirixido a fundacións e asociacións que teñen como finalidade a inserción ou inclusión sociolaboral dos colectivos desfavorecidos, que teñan desenvolvido durante alomenos en 3 dos últimos 5 anos programas dirixidos especificamente a este fin. Os destinatarios e destinatarias serán persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Risga ou membros da súa unidade familiar.

A segunda iniciativa son as axudas dirixidas a empresas de inserción laboral, nas que se investirán 380.000 euros para promover a inserción sociolaboral de ao redor de 60 persoas en situación ou risco de exclusión social e que contan con dous tipos de apoios: un para o custo salarial destas persoas traballadoras; e outra liña para compensar os custos adicionais como apoios para a asistencia técnica, para o inicio e posta en marcha da actividade, para a creación e ampliación de novos postos, para a contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción e de orientación, así como para a formación das persoas en proceso de inserción e para a mediación laboral.

Estas iniciativas dan resposta ao compromiso da Xunta por promover un emprego inclusivo en Galicia, ás que vén sumarse unha nova edición dos apoios aos concellos para a contratación de 700 persoas perceptoras da Risga en 165 municipios galegos.

En imaxes
423 lecturas