Novas
Buscador
- Rueda viaxará á Arxentina e o Uruguai para apoiar as empresas galegas na captación de talento exterior e reforzar a relacións institucionais con estes países 02.03.2025 audio O presidente da Xunta visitará ambos países entre o 6 e o 10 de marzo. Asistirá a unha das feiras de emprego organizadas pola Xunta dentro do seu plan para favorecer a atracción de persoas traballadoras cualificadas, co foco nos galegos da diáspora que desexan retornar. Esta iniciativa aposta por cubrir as vacantes en sectores estratéxicos ao... Máis información
- Miranda supervisa na Habana o seguimento do proceso de solicitudes das axudas económicas individuais 28.02.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tuvo a oportunidade de manter un encontro co equipo de traballo que está axudando aos solicitantes das axudas económicas individuais na Habana. Estas axudas, dirixidas a galegos residentes no estranxeiro en situación de vulnerabilidade, supoñen un apoio fundamental para garantir o... Máis información
- O CSHG abre este venres o prazo de solicitude das bolsas para persoas galegas residentes no estranxeiro 28.02.2025 audio Increméntase o número ata 22, das que 10 estarán destinadas ao Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras e 12 bolsas ao Curso Superior de Chef de Cociña e Pastelería. Por segundo ano consecutivo, o Centro Superior de Hostalería de Galicia abre a convocatoria de bolsas para persoas galegas residentes no exterior, a través das cales pretende... Máis información
- A Xunta pon en valor o impacto do retorno emprendedor na diversificación e revitalización da economía local galega 27.02.2025 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, visitou en Nigrán a empresa Minimelis, apoiada no marco das axudas ao retorno emprendedor. José González puxo en valor o talento de Mercedes Toscano e Jorge Núñez, dous emprendedores galegos retornados desde Chile, que impulsan a primeira fábrica de lambetadas de Galicia e a única de España de... Máis información
- O secretario xeral da Emigración reúnese coa Conselleira de Traballo, Migracións e Seguridade Social para buscar accións complementarias na atención aos galegos en Cuba 27.02.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un primeiro encontro coa Conselleira de Traballo, Migracións e Seguridade Social, Consolación Rodríguez Álvarez, no que abordaron a necesaria coordinación entre a Xunta de Galicia e o Estado Español no ámbito da atención aos galegos maiores residentes no exterior. Durante a... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración e o Consulado de España en Cuba traballan xuntos para atender as necesidades dos galegos na Illa 26.02.2025 audio O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda reuniuse co Cónsul Xeral de España en Cuba, José Antonio Álvarez Barthe, e coa Cónsul Adxunta, Sabela Viturro, para tratar temas relacionados coa colectividade galega en Cuba. Miranda subliñou o compromiso continuo de Galicia co benestar dos seus cidadáns residentes no exterior,... Máis información
- As axudas extraordinarias da Xunta para o retorno dos emigrantes galegos apoiaron máis de 5.400 familias nos últimos sete anos 26.02.2025 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración respondeu no pleno do Parlamento a unha pregunta relacionada cos apoios ao retorno das persoas galegas do exterior. José González explicou que estas achegas apoian as familias retornadas nos primeiros gastos na súa chegada a Galicia e que o Executivo autonómico destina a elas este ano un crédito... Máis información
- Miranda reafirma o compromiso da Xunta cos galegos do exterior e fai balance do intenso traballo na reunión cos presidentes das entidades galegas en Cuba 26.02.2025 audio Unha reunión clave para fortalecer os mecanismos de traballo conxunto para seguir a ofrecer apoio aos galegos e galegas en Cuba a través dos diversos programas e axudas da Xunta de Galicia. Tamén se fixo entrega dos diplomas dos programas de Reencontros e Conectas con Galicia. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse... Máis información
- Román Rodríguez anuncia un programa de retorno de investigadores galegos no exterior para completar a maior aposta polo talento realizada nunca en Galicia 25.02.2025 audio O conselleiro de Ciencia compareceu, a petición propia, ante o Pleno do Parlamento para dar conta das liñas estratéxicas do Goberno galego en materia de I+D+i nesta lexislatura. Esta liña de traballo sumarase á nova Fundación Galtia, que atraerá científicos de referencia mundial, e ao programa Oportunius, que capta investigadores ERC, as bolsas... Máis información
- Miranda informa ante preto de 500 persoas na Habana das oportunidades para o retorno a Galicia 25.02.2025 audio Entre as iniciativas máis relevantes que se abordaron na sesión destacou o programa Retorna Cualifica Emprego, que permite aos galegos do exterior volver á Comunidade cun contrato de traballo asinado desde o seu lugar de orixe. Este tipo de accións divulgativas son fundamentais para informar de primeira man á colectividade galega no exterior sobre... Máis información
Páxinas |









